Idis

Preto dun millón euros para investigar contra o cancro desde a provincia da Coruña

A xunta provincial da AECC financia máis dunha decena de proxectos e prácticas de mozos investigadores en equipos da USC, UDC, IDIS e INIBIC

“Os avances en medicina non serán posibles sen intelixencia artificial”

Unhas xornadas organizadas polo CiTIUS e a Fundación IDIS afondan na relación entre estas dúas disciplinas, que se estreitou coa chegada da pandemia

Os científicos que dan a batalla contra o avellentamento reúnense en Santiago

O encontro da Rede Nacional de Excelencia de Senescencia Celular contará con expertos como Manuel Serrano, ‘fichado’ pola empresa Altos Labs

Un equipo de Santiago descobre que un antidepresivo pode tratar a artrose e a gota

O grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS constata que a amitriptilina bloquea un receptor implicado na inflamación e o desgaste da cartilaxe

Un ensaio clínico busca combater a sepse con medicina personalizada

O proxecto SePkLin, liderado por Anxo Fernández desde o IDIS e financiado con 280.000 euros, incluirá a 700 pacientes galegos

Un estudo galego pioneiro vincula os cambios na materia branca co avance do Alzheimer

O traballo, de científicos da USC e o Hospital de Santiago, abre a porta a cambiar o foco das terapias actuais, centradas na materia gris

Un equipo galego constata que a dieta cetoxénica induce cambios epixenéticos

Os investigadores do IDIS constatan que este réxime, baixo en graxa e carbohidratos, pode inducir unha perda de ata 20kg e mellorar a calidade global de vida

Descobren desde Galicia proteínas diana para a doenza ocular do queratocono

Esta enfermidade dexenerativa causa unha importante discapacidade visual en mozos e mozas, moitas veces polo retraso no diagnóstico

Unha ferramenta creada en Galicia para analizar as variantes do SARS-CoV-2

Os investigadores Antonio Salas e Federico Martinón impulsan CovidPhy, que permite coñecer os xenomas que máis impacto tiveron nos eventos de 'supercontaxio'

Identifican novos marcadores de cardiotoxicidade en pacientes con cancro de mama

A tese de María Cebro aborda algunhas complicacións cardíacas que xorden trala quimioterapia, unha das principais causas de morte en sobreviventes do cancro

“Co diagnóstico xenético podemos anticiparnos ás enfermidades do ril”

O grupo NefroChus, dirixido por Miguel García, acada importantes avances no estudo da poliquistose, unha doenza hereditaria de notable prevalenza en Galicia

Charcot-Marie-Tooth: unha enfermidade “infradiagnosticada” en Galicia

A investigadora Tania García Sobrino analiza na súa tese esta neuropatía de orixe xenética, para a que aínda non existe tratamento

Radiografía dos infartos para mellorar a resposta á primeira causa de morte en Galicia

A investigadora Belén Cid, do IDIS, desenvolve na súa tese unha análise de máis de 2.000 pacientes da área de Santiago entre 2008 e 2018

Unha empresa galega deseña un ‘kit’ para realizar biopsias líquidas

A spin-off Nasasbiotech, xurdida no IDIS de Santiago, desenvolve un método para mellorar o diagnóstico, prognóstico e seguimento de calquera tipo de tumor

Un algoritmo que selecciona terapias personalizadas contra o mieloma múltiple

Investigadores do IDIS e o Clínico de Santiago publican un traballo que supón un importante salto no tratamento deste tipo de cancro de medula

Científicos de Santiago buscan a fenda que permita frear o ictus

O investigador do IDIS Francisco Campos lidera un proxecto europeo que usará nanomedicinas intelixentes para abordar a "estreita" xanela terapéutica