Idis

O IDIS de Santiago captou 31 millóns para investigación no 2020

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, no que colaboran Sergas e USC, tiña 1.347 científicos no 2020, vencellados a 95 grupos diferentes

Un artigo de farmacéuticos de Santiago, o mellor de Europa en 2020

O "European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics" recoñece o traballo do IDIS sobre o tratamento de enfermidades oculares dexenerativas

Un paso máis por diante da xaqueca? Este é o obxectivo dun equipo de neurólogos galegos

Anticiparse aos mecanismos que acaban desencadeando a aparición da xaqueca e, deste xeito, desenvolver terapias para evitar un problema neurolóxico cunha importante prevalencia, con...

Nanotecnoloxía para o diagnóstico precoz do Alzheimer

O investigador Manuel Rodríguez, do IDIS de Santiago, aborda na súa tese novas posibilidades para detectar alteracións da proteína tau, clave na doenza

A ignorancia sobre os antibióticos, principal reto en saúde pública

Investigadores do IDIS e da USC realizan un estudo con diferentes grupos de idade sobre os factores de uso destes medicamentos

Ten sentido mesturar vacinas sen que haxa xustificación científica?

O inmunólogo do Sergas José Gómez Rial analiza neste artigo as dúbidas que xurdiron sobre completar a pauta da vacina de AstraZeneca-Oxford

As variantes nun xene, asociadas á doenza que máis casos de cegueira causa no mundo

Os científicos galegos Antonio Salas e Federico Martinón participan nun estudo internacional sobre as orixes xenéticas da síndrome de exfoliación

Atopan unha chave que podería pechar a ‘billa’ do alimento ás células tumorais

O grupo do CiMUS liderado por Román Pérez Fernández describe como a proteína POU1F1 induce un cambio metabólico para ao progreso do cancro

“As tres vacinas son eficaces e seguras: porei calquera delas”

O experto da USC Federico Martinón explica por que non son absurdas as prevencións con calquera das tres vacinas dispoñibles contra a Covid-19

O coronavirus non nos deixa ver o cancro

O investigador do IDIS de Santiago Manuel Collado advirte neste artigo de que se está reducindo a detección temperá desta doenza

Científicos de Santiago abren un novo camiño para atopar fármacos contra as tromboses

Unha colaboración entre o CiMUS da Universidade de Santiago e o IDIS descobre alteracións na actividade das plaquetas nun estudo con pacientes con obesidade

Científicos galegos cuestionan un método usado para estudar as variantes do SARS-CoV-2

Unha investigación de profesores da USC expón as limitacións dos denominados "barcodes", que non permiten o estudo dos patróns de diversidade do virus

A galega Qubiotech, premio europeo á mellor tecnoloxía médica

A empresa recibiu o galardón do xurado no programa Health Venture Lab polo software para a análise de neuroimaxes en doenzas neurodexenerativas

A senescencia celular: o gran desafío para entender e tratar o cancro

O director do laboratorio de Células Nai en Cancro e Envellecemento do IDIS de Santiago aborda unha das claves no estudo dos tumores

Galcovid: a ‘app’ que calcula o teu risco de ir á UCI ou morrer por Covid-19

Unha ferramenta desenvolvida por expertos do Sergas e a USC expón a posible evolución en función de variables de idade, sexo ou comorbilidades

Investigadores galegos preparan un ensaio para frear a Covid-19 con etanol inhalado

O Clínico de Santiago recibe a autorización para iniciar un ensaio clínico fase II, destinado a grupos vulnerables na fase inicial da infección