Descobren desde Galicia proteínas diana para a doenza ocular do queratocono

Esta enfermidade dexenerativa causa unha importante discapacidade visual en mozos e mozas, moitas veces polo retraso no diagnóstico

Un equipo de investigadoras galegas describen nun artigo publicado na revista Investigative Ophthalmology & Visual Science (IOVS) o achado de posibles proteínas diana para o queratocono, unha enfermidade crónica, progresiva e dexenerativa que causa unha importante discapacidade visual en adultos novos e que por agora non ten tratamento médico preventivo nin curativo. Está caracterizada por alteracións da estrutura corneal, adelgazamento e aumento do seu curvatura, provocando unha perda progresiva da agudeza visual.

O equipo, liderado por Isabel Lema e composto por investigadoras do Laboratorio de Neurodexeneración Corneal e Plataforma de Proteómica do IDIS de Santiago, o Instituto Galego de Oftalmoloxía (INGO) e a Facultade de Óptica e Optometría da USC, analizou unha mostra de 25 ollos sans e outros 25 ollos con queratocono. Grazas a novos métodos de espectrometría de masas combinadas con cromatografía líquida, un total de 203 proteínas lacrimais, das cales 18 mostraban diferenzas de expresión en relación cos suxeitos control.

Publicidade

As rutas biolóxicas nas que están implicadas estas proteínas evidenciaron, entre outras, a alteración de procesos inflamatorios e inmunes, de estrés oxidativo ou de transporte e homeostase de ferro, constituíndo un achado fundamental para o futuro desenvolvemento de estratexias diagnósticas e terapéuticas.

A enfermidade do queratocono é a que provoca máis discapacidade visual en mozos e mozas, cunha progresión moi rápida nos seus inicios. O desenvolvemento da enfermidade a idades temperás conleva unha maior progresión e un peor prognóstico. Ata o 28% de os nenos con queratocono presentan un estado avanzado no momento do diagnóstico. Ademais, a presenza de antecedentes familiares con esta enfermidade corneal referiuse ata nunha cuarta parte dos casos.

Publicidade

Por este motivo, englóbase dentro das principais causas de transplante corneal en pacientes novos, xa que o tratamento cirúrxico é paliativo e, aínda que frea a súa progresión, non reverte nin mellora, na maioría dos casos, a perda visual.


Referencia: Tear Proteomics in Keratoconus: A Quantitative SWATH-MS Analysis (Publicado en IOVS).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Da diabetes a novos biomarcadores: así serán os temas do Congreso de Endocrinoloxía e Nutrición en Santiago

O IDIS participa cunha investigación sobre a obesidade e as súas complicacións metabólicas e unha análise comparativa do risco nutricional hospitalario, entre outras achegas

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX