Premian dous estudos do CiMUS e do IDIS sobre enfermidades de transmisión sexual

A Axencia Galega para a Xestión de Coñecemento en Saúde outorga estes galardóns, que recoñecen o traballo de Tamara Gómez Dacoba e Ignacio Ismael Lorenzo Pouso

A investigadora Tamara Gómez Dacoba obtén o primeiro premio de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual que concede a Axencia Galega para a Xestión de Coñecemento en Saúde (ACIS). O galardón, dotado con 3.000 euros, recoñece a súa tese de doutoramento, que foi defendida no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC a no pasado e titúlase Nanotecnoloxía para a modulación da resposta inmune en VIH e cancro.

Gómez Dacoba está actualmente nunha estadía de post-doutoramento en Estados Unidos, no MIT Koch Institute for Integrative Cancer Research. Mais a súa tese realizouna baixo a dirección dos investigadores da USC José Crecente e María José Alonso do grupo Nanomedicina e Liberación de Fármacos (Nanobiofar).

Publicidade

Posible vacina para o VIH

Máis polo miúdo, a tese afonda nun posible candidato para unha vacina contra o VIH, constituída por nanopartículas cargadas con tres antíxenos peptídicos. En vista da prometedora protección contra a infección observada nos macacos, abordouse o deseño para a produción desta vacina candidata nun ambiente industrial. No que respecta ao contexto do cancro, este traballo de tese tamén desenvolveu unha potencial inmunoterapia con capacidade para polarizar macrófagos asociados a tumores cara a fenotipos antitumorais.

No marco dos galardóns concedidos por ACIS, o segundo accésit foi para Alejandro Ismael Lorenzo Pouso do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) no que toma parte a USC. Lorenzo Pouso foi premiado polo artigo “Niveis de concienciación sobre a relación entre o cancro orofarínxeo e a infección polo VPH entre mulleres españolas: un estudo transversal hospitalario”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un centro da USC lidera unha rede europea arredor dos mecanismos xénicos das enfermidades humanas

O proxecto DECODES, coordinado polo CiMUS, contará con 4,5 millóns de euros e formará 15 investigadores predoutorais para estudar o papel do ‘splicing’