A fertilidade feminina diminúe coa idade: un 15% en tan só quince años

O CiMUS da USC participa nunha curtametraxe divulgativa que combina ciencia e danza para explicar os efectos de pospor a maternidade

España atópase entre os países da Unión Europea onde máis se atrasa a maternidade. Nos últimos 40 anos a idade media das mulleres ao nacemento do seu primeiro fillo pasou dos 25 anos a superar os 31, e acompáñase dunha baixa taxa de fecundidade: un fillo de media por muller. Así, en España, reducirse o número de nacementos dende 1980.

Este atraso da maternidade responde a unha realidade social na que interveñen factores educativos, laborais, económicos e persoais, pero atópase cun límite biolóxico: a fertilidade feminina diminúe progresivamente coa idade. Mentres que aos 25 anos se estima unha probabilidade mensual de embarazo natural do 25%, esta redúcese ao 10% arredor dos 40 anos. Así, obsérvase unha reducción da fertilidade que comeza a partir dos 30 anos e que se fai máis marcada a partir dos 35, cando aumenta o risco de alteracións cromosómicas, como a trisomía 21, e de perda xestacional.

Publicidade

Con este punto de partida nace AMORE (Aportando Miradas sobre Ovocitos, Reprodución e Idade), unha curtametraxe producida pola Universidade de Zaragoza e que conta coa colaboración do CiMUS da USC, que busca achegar á poboación información científica rigorosa sobre a relación entre idade e fertilidade. A participación da investigadora principal deste Centro Singular, Diana Guallar, coordinadora do grupo Epitranscriptómica e envellecemento, pon interese na contribución da investigación en bioloxía celular á comprensión dos mecanismos que interveñen no envellecemento reprodutivo.

A bioloxía molecular, clave para comprender o envellecemento reprodutivo

O traballo dende o CiMUS contribúe a afondar no coñecemento dos procesos moleculares e celulares que cambian co paso do tempo, así como na importancia da investigación básica para xerar coñecemento que, a longo prazo, poida contribuír a mellorar a comprensión da fertilidade e as súas alteracións.

Publicidade

A colaboración do CiMUS en AMORE reflicte, ademais, o valor de conectar a investigación desenvolvida nos laboratorios con iniciativas de divulgación capaces de trasladar coñecemento científico á sociedade. “Comprender como envellecen as células e que cambios moleculares se producen ao longo do tempo é fundamental para avanzar no coñecemento do envellecemento reprodutivo“, comenta a investigadora.

Explica que a investigación básica permite estudar os mecanismos biolóxicos que están detrás destes procesos e xerar coñecemento que poida trasladarse á sociedade dunha maneira rigorosa e comprensible. Así, iniciativas como AMORE ofrecen a oportunidade de achegar a investigación á cidadanía e, especialmente “ás xeracións máis novas, para que poidan comprender mellor a relación entre idade e fertilidade”.

Unha mensaxe para a poboación nova

AMORE busca achegar á poboación nova información científica rigorosa sobre que ocorre nos óvulos co paso do tempo e como eses cambios poden influír na fertilidade, no desenvolvemento embrionario e as posibilidades de embarazo. “AMORE non conta a ciencia só con palabras”, explican as investigadoras que lideran este proxecto, María Climent e Raquel Pérez, pertencentes a grupos de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria de Aragón (IIS Aragón) e Instituto Agroalimentario de Aragón (A2).

Así, na curtametraxe, a danza forma unha parte esencial da narración e traslada á linguaxe do movemento emocións e incertezas relacionadas co envellecemento reprodutivo e a maternidade: “Ciencia e danza combínanse así para abordar un tema complexo dende unha perspectiva rigorosa, visual e próxima”, conclúen.


Podes ver o tráiler de AMORE na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Detrás do desabastecemento de fármacos para a menopausa: “Normalizouse ter síntomas terribles”

As xinecólogas galegas Cristina González Cea e Marta Silva analizan a situación, a causa da escaseza e as consecuencias para as pacientes

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

De fungos a cianobacterias: estes son os habitantes que escurecen o tellado da catedral de Santiago

Unha investigación da USC identifica biofilm nas lousas de granito instaladas hai catro anos, cuxa colonización desigual crea o aspecto dun taboleiro de xadrez