Preto dun millón euros para investigar contra o cancro desde a provincia da Coruña

A xunta provincial da AECC financia máis dunha decena de proxectos e prácticas de mozos investigadores en equipos da USC, UDC, IDIS e INIBIC

A Xunta Provincial de A Coruña da Asociación Española contra o Cancro (AECC) entregou este luns as súas axudas á investigación oncolóxica. En total, preto dun millón de euros destinados a apoiar as investigacións de diversos grupos científicos e estadías en institucións baseadas na provincia, como as universidades de Santiago e A Coruña ou os institutos de investigación sanitaria como o IDIS e o INIBIC. Esta liña de financiamento complétase en Galicia coa entregada ao laboratorio de Filoxenómica do CINBIO da UVigo, que lidera David Posada, e que recibiu máis de 270.000 euros para estudar posibles marcadores do cancro colorrectal no microbioma intestinal.

No caso da provincia da Coruña, as principais beneficiarias son as equipas lideradas por María de la Fuente e Clotilde Costa no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) no que tamén toma parte a USC. A axuda ‘Lab AECC’, dotada con 300.000 euros outorga financiamento ao traballo desenvolvido por María de la Fuente, líder do grupo Nano-oncoloxía e Terapéutica Traslacional que acomete a creación de novos fármacos fronte á metástase. Doutra banda, Clotilde Costa, responsable da liña de investigación en cancro de mama de Oncomet, tamén do IDIS, recibiu 200.000 euros da ‘Axuda Investigador AECC’. Determinar as razóns polas que certos tratamentos deixan de ser efectivos co paso do tempo e identificar biomarcadores en sangue de pacientes con cancro de mama luminal metastásico é a liña de traballo desta científica

Publicidade

Po parte da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (FPGMX), o equipo liderado por Ana Vega recibiu unha ‘Axuda Proxectos Estratéxicos AECC’, de 150.000 euros, coa que estudará por que cada paciente presenta distinta tolerancia aos tratamentos de radioterapia para adecuar a dose de tratamento recibida e mitigar os efectos adversos.

Valentina González, do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) recibiu unha axuda predoutoral dotada con 88.000 euros. Esta investigadora aborda a neurobioloxía da caquexia asociada ao cancro e ás novas tendencias fisiopatolóxicas e terapéuticas. Pola súa parte, Miguel Vázquez do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) recibiu 20.000 euros ao abeiro da denominada ‘Axuda Ideas Semente’ para investigar sobre novos fármacos antitumorais dirixidos a estruturas non canónicas do ADN.

Publicidade

Outros investigadores mozos de diversas institucións poderán desenvolver igualmente o seu traballo grazas ao apoio da AECC. Así, Andrea Rodríguez, do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC), e Estíbaliz Díaz do IDIS, recibiron unha axuda predoutoral; mentres que a oncóloga do Chuac, Nieves Martínez, foi distinguida coa ‘Axuda Clínico Formación’. Finalmente, Lucía Lomba e Anahir Franco da UDC, e Lía Jove do INIBIC tamén foron recoñecidas coas axudas para realizar prácticas de laboratorio.

Ademais, Elena Moya e Pablo Balado, tamén do CiMUS, foron recoñecidos na categoría destinada a estudantes universitarios para realizar prácticas de laboratorio. Estas axudas oscilan entre 1.200 e 3.700 euros, en función da súa duración.

No acto celebrado este luns tomaron parte o reitor da USC, Antonio López, o presidente provincial da Asociación, Manuel Aguilar; Carlos Lamora, vicepresidente da Xunta da AECC que outorga as axudas; o xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Fernández-Campa; os xefes dos Servizos de Oncoloxía do CHUS e do CHUAC, Rafael López e Rosario García Campelo, respectivamente; así como o subdirector de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía da área sanitaria de Ferrol, Juan González Lorenzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dous investigadores de Santiago, premiados polas súas achegas á investigación sanitaria

Os científicos do IDIS Anxo Fernández Ferreiro e Alana Aragón Herrera foron recoñecidos polos seus estudos nos eidos da farmacia e da cardioloxía

Non todos os cancros son iguais: por que algúns matan máis ca outros?

A doenza "non é unha soa, senón máis de 300" que se cobran 9,7 millóns de vidas ao ano en todo o mundo a día de hoxe

Galicia aproba un plan de investigación e innovación que prioriza a retención de talento

O proxecto, cun investimento de 1.310 millóns de euros, creará unha fundación para atraer científicos á comunidade

Galicia concentra o 4% dos casos mundiais dunha doenza ultrarrara que afecta os riles

Dent é unha enfermidade xenética e hereditaria que non ten cura nin tratamento específico e pode derivar en fallo renal