coronavirus

Así son os tests de antíxenos, a outra ferramenta de diagnóstico da Covid-19

Esta análise rápida pode complementar as probas de detección de anticorpos e aumentar a capacidade de diagnóstico fronte ás PCR

Non, o cannabis non protexe da Covid-19 (aínda que sexa preciso desmentilo)

O investigador Manuel Isorna, da Universidade de Vigo, participa nun artigo no que se revisan as informacións falsas sobre o uso da droga fronte á infección

Vilagarcía e O Milladoiro, nas áreas de restricións polo aumento de casos de Covid-19

Sanidade estende a máis rúas de Ourense as medidas máis estritas que xa estaban vixentes na cidade, e mantenas no resto de concellos

O illamento de contactos estreitos de casos de Covid-19 redúcese a 10 días

A Comisión de Saúde Pública do Ministerio de Sanidad tamén establece a redución da corentena no eido sociosanitario baixo determinadas condicións

Os casos de Covid-19 en colexios e residencias, concello a concello

A Consellería de Sanidade contabiliza 161 positivos en escolas infantís e centros educativos e 387 casos en residencias, entre usuarios e persoal

As mulleres e a Covid-19: por que o seu sistema inmune se defende mellor?

Aínda que as cifras de infeccións nos dous sexos son semellantes, o agravamento da enfermidade é máis frecuente nos homes

Os científicos insisten: a avaliación da resposta á Covid-19 en España é “urxente”

Unha nova carta insta aos gobernos central e autonómicos a analizar o acontecido ante o novo aumento de infeccións das últimas semanas

O primeiro gato infectado polo coronavirus en España non morreu por mor da Covid-19

As análises constatan que o animal tiña unha grave patoloxía cardíaca que lle causou a morte, e que a carga vírica era residual

O mapa dos casos de Covid-19 nos concellos de Galicia

Un informe da Dirección Xeral de Saúde Pública ao que tivo acceso "La Voz de Galicia" expón a incidencia acumulada desde comezos de setembro

Sanidade engade Verín ás restricións, agora maiores no barrio ourensán do Couto

A reunión do comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na pandemia da Covid-19 levanta as medidas en Arteixo, A Guarda e O Rosal

O que se sabe das zonas con maior incidencia da Covid-19 en Galicia

A orde coas novas restricións deste mércores e a información transmitida por Sanidade expón a situación nas zonas con risco de transmisión

Xa podes notificar o teu positivo a través de Radar Covid desde Galicia

A aplicación para o seguimento de contactos de persoas infectadas polo SARS-CoV-2 completa o seu funcionamento, pendente da total implantación en galego

A ‘policía’ galega do SARS-CoV-2 revela as cepas que máis se transmitiron en España

Científicos da Universidade de Santiago e o Sergas analizan a través de miles de xenomas a filoxeografía do virus desde a súa chegada a comezos de febreiro

Silleda e Marín entran nas áreas de restricións pola Covid-19, das que sae Bergantiños

A Xunta de Galicia mantén as medidas nunha decena de municipios, ademais dalgúns barrios da Coruña, despois de revisar a situación epidemiolóxica

Galicia intégrase na ‘app’ Radar Covid, pero aínda non pode comunicar positivos

O 75% da poboación do territorio estatal xa vive en zonas onde se integrou a aplicación, que supera xa os catro millóns de descargas

Biofabri fabricará no Porriño o antíxeno dunha das vacinas contra a Covid-19

O grupo Zendal anunciou un acordo coa compañía estadounidense Novavax, que actualmente se atopa na fase II dos ensaios clínicos