Sanidade engade Verín ás restricións, agora maiores no barrio ourensán do Couto

A reunión do comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na pandemia da Covid-19 levanta as medidas en Arteixo, A Guarda e O Rosal

O mapa de medidas especiais para conter a Covid-19 volve mudar en Galicia volve mudar despois dunha nova reunión celebrada este venres polo comité clínico de expertos sanitarios que asesora á Xunta de Galicia, segundo informou a Consellería de Sanidade. O aumento da circulación do SARS-CoV-2 na vila de Verín e, especialmente, en varias rúas do barrio do Couto, en Ourense, levaron a tomar a decisión de aumentar as restricións nestas áreas.

No caso de Ourense, as limitacións iguálanse ás establecidas hai unhas semanas no barrio da Milagrosa de Lugo e o Concello de Arteixo. En catro rúas da cidade (Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal, neste caso dende o cruce con rúa Ervedelo ata cruce con rúa Irmáns Xesta, decidiuse limitar reunións privadas ata un máximo de 5 persoas e estableceuse a prohibición de que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

Publicidade

Ademais, á vista da situación epidemiolóxica da Covid-19 en Galicia, adoptouse a decisión de incluír Verín no grupo de concellos con restriccións vixentes. Entre as medidas que adoptan estes concellos destanca a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Por outra banda, e diante a evolución estable dos datos, o subcomité de expertos sanitarios acordou levantar as limitacións nos concellos de Arteixo, A Guarda e O Rosal, que desde a medianoite do venres ao sábado adoptarán as mesmas medidas que no resto de Galicia. Así o contemplará unha edición do Diario Oficial de Galicia que se publicará ao longo da tarde-noite do venres.

Publicidade

Deste xeito, son 11 concellos (A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Poio, Vilaboa, Marín, Silleda, Lalín e Verín) os que terán algunhas medidas de control a partir desta noite e ata a seguinte revisión da situación. Na última orde, publicada no DOG o pasado mércores, esta era a evolución epidemiolóxica en cada unha das áreas con maior incidencia da Covid-19.

O que se sabe das zonas con maior incidencia da Covid-19 en Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla