Beatriz Pelaz: “Queremos construír nanoimpresoras de ADN”

A científica do CiQUS de Santiago acaba de recibir o apoio dunha bolsa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación

O Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) de Santiago de Compostela suma xa un importante grupo de científicos que recibiron o apoio de dúas das liñas máis prestixiosas de financiamento do Consello Europeo de Investigación (ERC): a Advanced Grant, a Consolidator Grant e a Starting Grant. A última en incorporarse foi Beatriz Pelaz, que codirixe xunto a Pablo del Pino o grupo Bionanotools, especializado no desenvolvemento de nanoestruturas con aplicacións en medicina e bioloxía.

Durante os vindeiros cinco anos, cos 1,5 millóns de euros procedentes do ERC, Pelaz explica que poderá “contratar a investigadores de alto nivel, tanto na etapa predoutoral como posdoutoral, con salarios competitivos a nivel europeo”, o que permitirá atraer talento a Galicia. “Isto é un impulso moi forte, coa posibilidade de establecerme cunha liña de investigación punteira; un éxito que beneficia ao noso grupo e ao noso centro, demostra que se están facendo as cousas ben, con grupos moi bos, e ao final isto repercute en todos”, engade.

Publicidade

O proxecto Spacing é unha iniciativa que, de non ser pola obtención da Starting Grant, probablemente non se podería levar a cabo. “Estas axudas sempre che permiten desenvolver ideas un pouco tolas, arriscadas, que se saen ben suporán un avance enorme; non deixa de ser algo realista, pero é unha aposta forte”, explica a científica.

A científica Beatriz Pelaz, do CiQUS de Santiago, acada unha bolsa Starting Grant

Ela mesma, explica, chegou desde Marburg (Alemaña), para empezar un grupo de investigación junto a otro investigador Ramón y Cajal, polas liñas de traballo que se desenvolvían no CiQUS, “porque os temas que tratabamos eran moi complementarios aos que se facían aquí”. Beatriz é licenciada en Química pola Universidade de Valladolid e en Bioquímica pola de Zaragoza , onde se doutorou. Despois de traballar catro anos no grupo do profesor Wolfgang J. Parak na Philipps- Universität de Marburg, en Alemaña,  chegou en xaneiro de 2017 a Santiago, primeiro como investigadora principal dun proxecto para mozos investigadores (JIN, MINECO), e desde 2019 como investigadora Ramón y Cajal.

Publicidade

Unha tecnoloxía “totalmente nova”

Os grupos do CiQUS traballan nunha liña que se move entre a química, a física e a bioloxía para desenvolver desde a escala molecular materiais que ofrecen unha gran diversidade de aplicacións. No caso do equipo Bionanotools, Pelaz explica: “Propoñemos o desenvolvemento dunha tecnoloxía totalmente nova; queremos construír unhas nanoimpresoras de ADN para poder imprimir na superficie das nanopartículas e modificar así a súa estrutura”. Detalla que con estas impresoras poden facerse algo comparable aos ‘origamis’, collendo unha febra molde de ADN, extraída dunha bacteria, para modelizar o que se quere construír e ir pregándoa para deseñala segundo o que se precise. Coas diferentes configuracións, apunta Beatriz, “poderemos facer bibliotecas de diferentes estruturas para saber como interactúa cada unha delas sobre as células”. É un proceso, expón, inspirado nas envolturas proteicas dalgúns virus, que son esenciais para que estes acaden unha maior infectividade.

Con estas premisas, segundo explica a investigadora, será posible entender mellor como funcionan as interaccións entre os ligandos das nanopartículas coas células. A tecnoloxía da que parten, grazas á súa multifuncionalidade, robustez, pretende sentar as bases para desenvolver nanomedicinas máis eficientes e mellorar a estabilidade destes fármacos.

O grupo Bionanotools tamén desenvolve prometedoras liñas de traballo en nanopartículas coloidais, transportadores de fármacos que poden ser activados mediante estímulos externos e nanocalefactores con aplicacións en diversas terapias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

O físico Antón Baleato incorpórase ao IGFAE: “Quero axudar a construír rede e cultura científica en Galicia”

O cosmólogo creará o seu grupo de investigación no centro para impulsar o proxecto ACCELENS, beneficiado cunha Starting Grant

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais