Galicia intégrase na ‘app’ Radar Covid, pero aínda non pode comunicar positivos

O 75% da poboación do territorio estatal xa vive en zonas onde se integrou a aplicación, que supera xa os catro millóns de descargas

Desde este martes 15 de setembro, a aplicación Radar Covid ten completada a súa integración en Galicia. A ferramenta para o rastrexo de contactos das persoas infectadas por SARS-CoV-2, que funciona mediante a tecnoloxía Bluetooth para garantir a privacidade das persoas, pode descargarse desde hai semanas en todo o territorio estatal. Porén, segundo advirten medios como Xataka Móvil, que consultou a todas as comunidades autónomas, só en sete das 17 autonomías a aplicación está preparada para avisar dos posibles contactos. Así, aínda que o mapa que amosa o Goberno español expón que só faltan País Vasco, Castilla-La Mancha, Catalunya e Ceuta, o certo é que noutras rexións, como Galicia, aínda non se completou o proceso. Despois da integración, queda por diante unha fase de desenvolvemento para que se poidan comezar a comunicar positivos e avisar aos contactos.

 

Por tanto, o mapa que amosa o Goberno español expón só os lugares onde se completou a integración, pero non amosa a parte final do proceso: que os sistemas de saúde acheguen ás persoas que den positivo na PCR os códigos cos que se notificaría o risco de contaxio aos contactos estreitos, segundo explica El Confidencial. Estes códigos son os que a Xunta de Galicia anunciou que se poderían remitir a través da ferramenta Passcovid, a aplicación propia que desenvolveu a Administración Autonómica como “complemento” á estatal. Ao tempo, este instrumento, que a Xunta anunciou que impulsaría durante o mes de setembro, tampouco está dispoñible ata este momento.

Publicidade

O código que deben introducir os usuarios da ‘app’ é por tanto esencial para o rastrexo: Radar Covid utiliza a conexión de Bluetooth dos dispositivos móbiles para emitir e observar identificadores anónimos doutros terminais, que van mudando co tempo. Cando dous dispositivos permanecen durante 15 minutos a dous metros de distancia ou menos, os identificadores mutuos gárdanse. No caso de que un dos usuarios do dispositivo dese positivo en PCR por Covid-19, tería a posibilidade de notificar a través da ‘app’ un aviso mediante o código recibido por parte das autoridades sanitarias, nunha pantalla semellante á que se ve baixo estas liñas, para enviar alertas aos terminais que estiveron próximos a el.

Para activar o rastrexo de contactos, a 'app' obriga a introducir un código que a maioría das CCAA aínda non facilitan.
Para activar o rastrexo de contactos, a ‘app’ obriga a introducir un código que a maioría das CCAA aínda non facilitan.

Con todo,a pesar deste paso pendente, e tal e como insisten as autoridades sanitarias, é recomendable instalar (dispoñible para Android e iOS) a aplicación para garantir unha cobertura ampla na poboación e contribuír deste xeito ao control das cadeas de transmisión. Ata o de agora producíronse en España uns catro millóns de descargas.

Publicidade

RadarCovid e Passcovid: dúbidas e confusión coas ‘apps’ do Goberno e a Xunta

Sen versión en galego

Alén da tardanza na implantación, Radar Covid segue sen resolver outra das reclamacións pendentes das persoas usuarias en territorios con linguas cooficiais: a existencia dunha versión en galego ou euskera. Ata o momento, e a pesar de completar a integración en Galicia, a ferramenta só está dispoñible en catalán, castelán e inglés. Neste sentido, A Mesa pola Normalización Lingüística reclamou nas últimas semanas que se cumpra co dereito da cidadanía a recibir información na súa lingua propia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A excepcional historia da casa romana que se agocha baixo a muralla de Lugo

O museo lucense da Domus do Mitreo conmemora o 25 aniversario do descubrimento do xacemento no Pazo de Montenegro cun amplo programa de actividades

Os golfiños fan as beiras? Un estudo galego analiza a comunicación vocal entre parellas

Un traballo do biólogo Bruno Díaz investiga as variacións sonoras entre arroaces: "Os machos e femias interactúan na época de apareamento"

Unha biotecnolóxica galega avanza nunha nova terapia contra o cancro de ovario resistente

O proxecto, que vén de recibir 1,8 millóns de euros, ten o obxectivo de crear unha estratexia máis eficaz e segura

As incribles imaxes dun polbo de Louro que namoraron a BBC

As instantáneas están feitas polo galego Xaime Beiro: "Moitas fotografías son do mesmo exemplar, ao que lle debo moito"