Os casos de Covid-19 en colexios e residencias, concello a concello

A Consellería de Sanidade contabiliza 161 positivos en escolas infantís e centros educativos e 387 casos en residencias, entre usuarios e persoal

A información transmitida polas Consellerías de Educación e de Política Social sobre os casos de Covid-19 detectados en colexios galegos e residencias de persoas maiores ou con discapacidade achegan unha imaxe máis detallada da evolución da pandemia en Galicia. Ademais da cifra de casos activos transmitida por Sanidade (que só distingue cada unha das sete áreas sanitarias), as outras consellería detallan en que centros se sitúan os casos detectados ata o momento, na semana na que comezarán tamén as clases nos institutos e centros de formación profesional. Con 4.350 casos activos, segundo a información do mediodía do martes, 548 deles, máis do 12% do total, concéntranse nos centros de máis de 60 concellos. A información expón que hai 161 positivos en escolas infantís e centros educativos e 387 casos en residencias, entre usuarios e persoal. Así se distribúen:

Esta é a situación en centros educativos e escolas infantís:

Publicidade

A Consellería de Sanidade achega tamén a listaxe completa de casos, que se pode consultar nesta táboa. Podes procurar o nome dun centro para saber se existen casos.

En canto ao conxunto de Galicia, rexistráronse este martes 221 novos positivos engadidos á serie desde o comezo da pandemia. Así evolucionou a detección de novos casos e a realización de probas PCR:

Publicidade

O número de falecementos chega a 721, polo que se supera o centenar de óbitos desde o 8 de agosto, cando tivo lugar a primeira morte despois de dous meses tras o impacto da primeira onda no país. Segundo as cifras compiladas pola Xunta, despois da curación de 17.167 persoas, a 22.238 persoas se lles detectou a infección polo SARS-CoV-2 en Galicia.

Nos hospitais, onde hai 32 persoas na UCI e 214 en planta, esta é a evolución:

No referente a casos activos, a cifra sitúase este martes en 4.350. Nos últimos días obsérvase un descenso de incidencia nas áreas da Coruña e Lugo, e unha estabilización na de Santiago e Ferrol. En Ourense, Vigo e, especialmente, en Pontevedra, os casos activos medran respecto a semanas anteriores.


Aquí podes consultar a incidencia segundo os últimos datos coñecidos en cada concello de Galicia, a partir un informe de Saúde Pública do 16 de setembro:

O mapa dos casos de Covid-19 nos concellos de Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía