Saúde

Un estudo demostra que as vacinas contra a Covid-19 non causan infertilidade

Os resultados da investigación, levada a cabo en Estados Unidos, apuntan a unha redución temporal da fecundidade en homes que pasaron a infección

Transplantan por primeira vez dous riles de porco a un humano

Os órganos foron modificados xeneticamente e o corpo do paciente, en morte cerebral, non os rexeitou nas 77 horas que durou o estudo

As bacterias superresistentes xa matan máis que a sida ou a malaria

Unha investigación do Global Research on Antimicrobial Resistance conclúe que, actualmente, a resistencia antimicrobiana é unha ameaza global

“Hai moitísima incerteza co transplante de corazón de porco en pacientes a longo prazo”

O cardiólogo do Hospital de A Coruña Eduardo Barge analiza os puntos clave da operación levada a cabo en Estados Unidos

A intelixencia artificial axuda a predicir a supervivencia de pacientes covid en UCI

O modelo de aprendizaxe automática parte dos niveis en sangue de 14 proteínas e é capaz de diagnosticar se unha persoa en estado grave salvará ou non a vida

Un estudo identifica un mecanismo causante da cirrose hepática

As investigadoras conseguiron desenvolver por primeira vez un modelo animal coa enfermidade, o que abre as portas a novas estratexias farmacolóxicas

Identifican unha posible diana terapeutica fronte ao cancro infantil

A leucemia emprega un mecanismo molecular descuberto polo Centro de Investigaciones Biológicas Margarita Salas para aumentar a súa capacidade invasiva

Un equipo da USC achega novas pistas sobre o contaxio do cancro

O achado de investigadores do CiMUS aporta tamén novos datos sobre a transmisibilidade entre especies mariñas e o potencial estudo da metastase

A perda de gusto ou olfacto asociada á Covid-19 pode deberse a un factor xenético

Un estudo desvela unha relación entre un conxunto de variantes nos xenes e a probabilidade de padecer estos síntomas a raíz da infección por SARS-CoV-2

Os baños con auga mineromedicinal, beneficiosos para as persoas con fibromialxia

Unha tese da UVigo amosa a mellora en pacientes con esta enfermidade despois de 14 baños na piscina termal das Burgas

Mexillóns, castañas, berza… Produtos galegos que compiten cos supostos superalimentos

Existen comestibles con máis propiedades nutricionais ca outros, pero os expertos advirten que so funcionan no contexto dunha dieta saudable

A OMS recomenda dous novos medicamentos para tratar a Covid-19

Un dos fármacos é o baricitinib, autorizado para persoas con Covid-19 grave ou crítica e o outro é sotrovimab, un anticorpo monoclonal

Por que temos a boca seca? Causas e tratamento da xerostomía

Malia non ser unha enfermidade, senón un síntoma, a secura bucal pode estar detrás de problemas como a halitose, a ronqueira ou a dificultade para falar

Un estudo sinala o virus da mononucleose como causa principal da esclerose múltiple

O investigador principal suxire que unha vacina ou a utilización de fármacos antivirais específicos para o virus de Epstein- Barr poderían previr ou curar a esclerose múltiple

Encefalopatía de Wernicke: unha enfermidade infradiagnosticada e esquecida

Un estudo con participación galega afonda nunha doenza caracterizada polo déficit de vitamina B1, habitual en persoas cun elevado consumo de alcohol

Un equipo de Santiago xa estuda as alteracións do ciclo menstrual a causa da vacinación

Os cambios na regra parecen ser transitorios e pouco preocupantes, confirmándose como efectos adversos leves e sen repercusión na saúde