Xoves 28 Marzo 2024

A OMS recomenda dous novos medicamentos para tratar a Covid-19

Un dos fármacos é o baricitinib, autorizado para persoas con Covid-19 grave ou crítica e o outro é sotrovimab, un anticorpo monoclonal

En plena sexta onda, cun protagonismo indubidable da variante ómicron, a Organización Mundial da Saúde (OMS) dá o visto bo a dous novos tratamentos contra o coronavirus. Un deles é o fármaco baricitinib, empregado xa para a artrite reumatoide e recomendado para persoas con Covid-19 grave ou crítica en combinación con corticosteroides. O outro medicamento é sotrovimab, un anticorpo monoclonal. Así o revela o novo informe do Grupo de Desenvolvemento de Directrices da OMS publicado na revista BMJ.

As voces expertas comenzan a abrirse camiño despois do anuncio. Tal e como recolle a Agencia SINC, o catedrático da Universidade de Bristol Athimalaipet Ramanan opina que a recomendación da OMS “chega nun momento moi necesario”, poñendo énfase nos países de baixos ingresos que combaten a pandemia. “O baricitinib desmostrou a súa eficacia en ensaios controlados aleatorios en adultos con enfermidade moderada a grave, incluídos os que precisan ventilación. A súa curta vida media, a súa administración oral e o seu menor custe fano máis atractivo en comparación co tocilizumab” (outro fármaco similar), di o experto.

Publicidade

Pola contra, hai quen se pon do lado da cautela. O catedrático de Medicina e Epidemioloxía da Universidade de Oxford Martin Landray pide prudencia. Aposta por esperar a que os resultados dos ensaios estean dispoñibles “antes de apresurarse a utilizar baricitinib como alternativa a fármacos de eficacia probada como o tocilizumab”. Así o expresou nas súas declaracións a Science Media Center.

Anticorpos monoclonais

Amais do baricitinib, a OMS fai unha recomendación condicional para o uso do anticorpo monoclonal sotrovimab en pacientes con Covid-19 non grave pero con risco de hospitalización. Segundo Landray, o uso deste fármaco “parece ser eficaz contra a variante ómicron“. “Polo momento non sabemos se será eficaz para diminuír o tempo de hospitalización, reducir a necesidade dun ventilador mecánico ou mellorar a supervivencia dos pacientes máis enfermos”, subliña o catedrático.

As recomendacións ata agora

As directrices que publicou hoxe a OMS están baseadas nos resultados de sete ensaios nos que participaron máis de 4.000 pacientes con infección leve, grave e crítica por Covid-19. Polo tanto, estes novos fármacos autorizados súmanse aos anteriores sobre o uso de bloqueadores dos receptoras da interleucina 6 e de corticosteroides sistémicos para oas persoas con Covid-19 grave ou crítica. De igual maneira, rexéitase o uso de plasma convaleciente, ivermectina e hidroxicloroquina en pacientes con coronavirus, con independencia da gravidade da enfermidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade