Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A nova variante da covid chega cun nome que asusta: Frankestein. A historia da denominación detrás da variante XFG é, por outra banda, o resultado de que recolle unha recombinación de distintas cepas do virus. No caso de Frankestein, combina as variantes de distintas cepas de Ómicron: a NB 1.8.1 e a LF.7. Malia a preocupación que poida dar o seu nome, a Organización Mundial da Saúde (OMS) avaliou o virus como de risco baixo a nivel global e, segundo a catedrática en Inmunoloxía pola Universidade de Vigo África González, non é unha ameaza.

“Non me gusta o nome que lle puxeron, en realidade o seu nome é Stratus“, defende a experta. A inmunóloga asegura que non se están a ver casos máis graves ou necesidade de hospitalizar con máis frecuencia. Os síntomas, pola súa parte, son semellantes os doutras formas de covid (febre, malestar, tose, esbirros, dor de cabeza, problemas dixestivos e cansazo), engadíndose outros novos como a aparición de disfonía. O parecido dos cadros clínicos detectados nos casos de XFG con respecto a outras variantes é algo que tamén destaca a inmunóloga.

Publicidade

Case unha cuarta parte dos casos

O avance da cepa é o principal motivo da supervisión da OMS. A comezos de maio, apenas un 7,4% dos casos eran por Stratus. Con todo, un mes e medio máis tarde xa acadaban o 22,7%. “É certo que se estendeu a moitos países”, concreta González. A OMS admitiu que a tamén chamada variante XFG está a medrar con rapidez en comparación con outras que circulan ao mesmo tempo. A tendencia de expansión continúa e xa está presente en 38 países.

A pesar de que aínda non se confirmou a presenza desta variante en Galicia, a cepa podería acabar chegando co paso do tempo como consecuencia de viaxes e desprazamentos desde zonas nas que xa si circula. Por exemplo, o virus xa está presente en comunidades como Madrid ou Andalucía. Pero, de momento, esa é unha das características da expansión deste virus: que ten unha distribución desigual. Nalgúns países apenas está presente mentres que noutros é a cepa maioritaria, como na India. En Europa, xa está presente no 16,7% das secuencias.

Publicidade

Menos casos graves

A variante Stratus non é descoñecida para os investigadores, segundo asegura González. Hai un estudo interesante con grupos españois que analizaron a diversidade do virus nas distintas ondas pandémicas, destaca. “Estudar esa dinámica de cambio é importante para poder anticiprese e, por tanto, hai que seguir facéndoo coas variatnes que aparezan”, destaca a experta.

As vacinas tamén poden adaptarse ás cepas necesarias, pero segundo González, neste caso non parece que será necesario. “De feito, e como algo tranquilizador, vendo que o risco é baixo, cambiouse o criterio de vacinación da covid en España e aumentouse a idade ata os 70 anos”, afirma a inmunóloga. No caso do Reino Unido, ata os 75 anos. “Os casos de covid grave diminuíron moito, polo que se deben centrar na vacinación dos máis vulnerables”, destaca González. Sobre a capacidade de evasión da vacina, tampouco é un problema grande, segundo a OMS, que asegura que só hai unha lixeira resistencia inmune maior. Datos que tranquilizan sobre a situación da covid ante palabras que poidan ser confusas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona