Martes 27 Febreiro 2024

Transplantan por primeira vez dous riles de porco a un humano

Os órganos foron modificados xeneticamente e o corpo do paciente, en morte cerebral, non os rexeitou nas 77 horas que durou o estudo

Tan só hai unha semana que a medicina fixo historia. Un equipo de médicos estadounidenses conseguían transplantar un corazón de porco a un humano sen que se producira un rexeitamento inmediato do órgano. Agora, un estudo publicado na revista American Journal of Transplantation revela outra fazaña: o transplante de dous riles de porco modificados xeneticamente a un humano. Neste caso, un paciente en morte cerebral. A investigación levouse a cabo na facultade de Medicina da Universidade de Alabama, en Estados Unidos.

Os dous órganos transplantados conseguiron manterse durante 77 horas funcionando con normalidade. É dicir, filtrando sangue e producindo ouriños. Polo tanto, non foron rexeitados de maneira inmediata, senón que funcionaron ata que se deu por rematado o estudo. O transplante realizouse nun paciente en morte cerebral o que, segundo a cirurxiá Jayme Locke, “permite avaliar a seguridade e a viabilidade do modelo” sen que exista un risco para o humano vivo.

Proceso semellante ás doazóns entre humanos

Para poder levar a cabo a operación, os órganos foron modificados xeneticamente para evitar un rexeitamento inmediato. Os riles, despois de ser extirpados do porco, seguiron o mesmo procedemento que calquera outro órgano humano. Antes de realizar a operación, o animal doante e o paciente sometéronse a unha proba de compatibilidade de tecidos. Despois, os órganos transplantados colocáronse na posición anatómica exacta dos riles humanos, coas mesmas unións de veas e arterias.

Segundo indicaron dende o portal ScienceAlert, o equipo modificou xeneticamente os órganos para que o corpo do paciente non identificase “invasores estraños”. De igual maneira que se fixo para previr coágulos de sangue e outras reaccións inmunitarias. Con todo, este non é o único xenotransplante que se realizou nos últimos meses. O primeiro foi en outubro de 2021, cando se transplantou por primeira vez un ril de porco a un humano. O último hai tan só unha semana, sendo de corazón. O principal obxectivo deste tipo de estudos é tratar de achar unha solución fronte á escaseza de órganos.

“Hai moitísima incerteza co transplante de corazón de porco en pacientes a longo prazo”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da USC acha unha nova diana terapéutica contra a principal causa de transplante de fígado

O descubrimento, publicado na revista 'Cell Reports Medicine', resulta esencial para abordar a fibrose hepática, unha patoloxía para a que non existe tratamento

Traballar con cadáveres na ciencia: así funcionan as doazóns en Galicia

Os expertos piden un marco legal específico na materia despois de que saltasen as alarmas pola trama de tráfico ilegal de corpos en Valencia

Pódese transplantar o cerebro?

Considerado “o obxecto máis complexo do universo”, este órgano establece millóns de conexións que controlan todas as funcións do noso corpo

Atopan a primeira receita médica en galego, unha ‘pequena xoia’ do século XV

Está anotada no reverso dunha escritura notarial datada o 2 de abril de 1477 e conservada no Arquivo da Real Chancillería de Valladolid