Saúde

Un novo estudo relaciona o consumo de paracetamol no embarazo co TDAH

O fármaco é o máis seguro para aliviar a febre durante a xestación pero hai controversia sobre os efectos no desenvolvemento neurolóxico dos bebés

A vacina ‘galega’ que pode erradicar a tuberculose: “Todas as probas convidan ao optimismo”

Esteban Rodríguez, CEO de Biofabri, razoa a confianza no ensaio definitivo da MTBVAC, cuxa produción principal se realizará no Porriño

Estas son as tres enfermidades raras con máis casos en Galicia

A comunidade rexistra 5.217 pacientes de doenzas pouco comúns como a esclerose lateral amiotrófica e a colanxite biliar primaria

“O 20% dos casos de enfermidades raras tardan unha década en diagnosticarse”

Esther Martínez é nai dunha nena de oito anos con proxeria, unha doenza ultrarra que provoca envellecemento prematuro

Os casos de sarampelo dispáranse en 2025: por que rexorde a enfermidade?

Un informe do ISCIII notifica 110 infeccións en España en tan só mes e medio, co País Vasco e Andalucía encabezando a lista

Vivir dentro do Opus Dei: “As secuelas psicolóxicas son de estrés postraumático”

Un encontro nacional analiza en Santiago o comportamento de grupos con tendencia de seita, moitos deles integrados na sociedade galega

A galega Zendal inicia un ensaio en pacientes para avaliar a súa vacina contra a tuberculose

O principal obxectivo é analizar a seguridade e eficacia do tratamento para previr a enfermidade activa en adolescentes e adultos

A vida dunha galega con hemorraxias masivas: “Precisei transfusións tras a primeira regra”

Laura Quintas ten a enfermidade de von Willebrand, que causa menstruacións abundantes e sangrados repentinos

O cancro de mama aumentará un 38% nos próximos 25 anos

Un estudo na revista 'Nature Medicine' apunta a un incremento da mortalidade de ata o 68%, sobre todo nos países de menor desenvolvemento

“O forte incremento do cancro de pulmón en mulleres débese ao tabaco. É un feito”

O coordinador do Plan Nacional contra o Cancro, Josep María Borrás, analiza os últimos avances da oncoloxía de precisión nun relatorio en Vigo

Que hai detrás da morte súbita: a doenza xenética que tratan 2.000 familias na Coruña

A miocardiopatía hipetrófica é unha enfermidade do corazón "moi limitadora" que aumenta o grosor da parede do ventrículo esquerdo

Unha muller cun tumor cerebral vive 18 anos co cancro en remisión tras recibir CAR-T

O tratamento que a paciente recibiu cando era nena modificou o seu sistema inmunitario para que puidese recoñecer e eliminar as células tumorais

Se tes diabetes, tes máis probabilidades de infección por bacterias resistentes aos antibióticos

Un estudo en ratos demostra que un mal control da glicosa crea unha contorna favorable para a proliferación de microorganismos patóxenos

Un estudo da USC evidencia a falta de percepción sobre o risco do radon no ámbito laboral

A metade das persoas empregadoras non tomara ningunha acción de mitigación malia atopar concentracións por enriba do nivel límite

Que é o karkubi, a droga da redada con médicos en Vigo e Cangas

A substancia elabórase mesturando haxix e clonazepan, o principio activo de fármacos que se receitan para problemas de sono

Tres grandes factores de risco de infarto en mulleres novas (segundo científicos galegos)

Os antecedentes familiares, os niveis altos de colesterol e a depresión están relacionados cunha maior probabilidade de doenzas cardíacas