Os casos de sarampelo dispáranse en 2025: por que rexorde a enfermidade?

Un informe do ISCIII notifica 110 infeccións en España en tan só mes e medio, co País Vasco e Andalucía encabezando a lista

Os casos de sarampelo rexistrados no que vai de ano en España acadan os 110, máis da metade que o total de 2024. O aumento dos doentes con esta enfermidade contaxiosa, que leva tempo en situación de eliminación, comeza a alertar os sanitarios. Comunidades como o País Vasco e Andalucía encabezan a lista de pacientes, mentres que en Galicia, polo de agora, só se notificaron dous casos. Pola contra, Estados Unidos vén de notificar a morte dun menor con sarampelo, que non estaba vacinado.

Nos últimos anos os casos aumentaron en España de xeito exponencial. Dos sete rexistrados durante 2023, pasáronse a 217 en 2024. A día 23 de febreiro xa se contabilizaron 110 durante 2025, o que supón máis da metade que en todo o ano anterior. Malia que isto poida resultar preocupante “os gromos son pequenos e a partir de casos importados“, asegura a investigadora do Centro Nacional de Epidemioloxía-Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) Noemí López Perea a Science Media Centre (SMC) España.

Publicidade

“O que preocupa máis é a situación mundial“, salienta o pediatra Fernando Moraga-Llop, portavoz da Asociación Española de Vacinoloxía, a SMC. En Estados Unidos, o Departamento de Servizos de Saúde do Estado de Texas (DSHS, polas súas siglas en inglés) vén de confirmar a primeira morte dun neno en idade escolar por sarampelo. O falecemento está relacionado cun gromo na rexión South Plains, ao noroeste do estado, que hospitalizou a 18 persoas e infectou outras 106.

Antivacinas

O menor falecido en Texas non estaba vacinado, ao igual que a maioría de persoas afectadas polo contaxio, segundo detallan en Live Science. Acorde a información do DSHS, o condado de Gaines, onde se localiza a rexión South Plains, é unha zona cunha das taxas de vacinación máis baixas de Texas. Isto explicaría a afección do gromo na súa poboación dado que o sarampelo é unha enfermidade moi contaxiosa.

Publicidade

Malia que existen persoas antivacinas ou reticentes a elas, “a cobertura en España é moi boa, con porcentaxes de vacinados coa primeira dose do sarampelo —a pauta é de dúas— por riba do 95% nos últimos casos”, conclúe López Perea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Da gastroenterite á varicela: guía das enfermidades que axexan as aulas

A volta ao cole abre a porta a contaxios frecuentes por mor de patóxenos contra os que se dispón de poderosas defensas

A Consellería de Sanidade activa o protocolo de actuación tras detectar un caso de sarampelo

A investigacion apunta a un paciente importado, sen contactos detectados ata o momento e cun risco moi baixo para a poboación xeral

42 días no corazón do hantavirus, a historia do galego a bordo do ‘Hondius’

O ornitólogo Ricardo Hevia emprendeu unha viaxe de observación de aves que se viu alterada por unha alerta sanitaria mundial e un confinamento que vén de cumprir