GCiencia ofrece unha nova edición do ciclo de charlas e mesas redondas ‘Ciencia en feminino’

Mar Capeáns, María Loureiro, María Tubío Fungueiriño e Cintia Folgueira, entre as invitadas dun programa desenvolvido en colaboración coa Deputación de Pontevedra

Os avances en igualdade, unha conversa coa responsable dun traballo pericial sobre os custos económicos do Prestige, como romper cos estereotipos na ciencia ou o día a día dunha experta galega no CERN. Estes son algúns dos temas que se tratarán na nova edición de Ciencia en feminino, un ciclo de charlas e mesas redondas en liña organizadas por GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra. As actividades, que forman parte do programa do 8M da institución provincial, desenvolveranse ás 19,00 horas os próximos catro mércores en formato vídeo. Poderanse visualizar en directo a través da canle de Youtube de GCiencia.

Ao día seguinte de cada sesión, as charlas e mesas redondas estarán dispoñibles en formato pódcast en todas as plataformas. En cada unha das actividades de Ciencia en feminino –que contarán coa presentación da deputada de Igualdade, Sandra Bastos– contaremos coa participación de investigadoras galegas de recoñecido prestixio, coas que abordaremos a situación da muller na ciencia.O programa componse da seguinte maneira:

Publicidade

5 de marzo. Conversa con Mar Capeáns

A física Mar Capeáns está especializada en partículas e é científica sénior na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN). Leva traballando máis de tres décadas no organismo. A conversa coa investigadora galega será conducida pola xornalista Laura Filloy.

12 de marzo. Mesa redonda sobre ser científica no século XXI

Tres investigadoras sentáranse na primeira mesa redonda da nova edición de Ciencia en feminino para abordar os avances que se fixeron en materia de igualdade na ciencia do século XXI. Conducida pola xornalista Gloria Montenegro, a actividade contará con:

Publicidade

  • María Tubío. Doutora en Neurociencia e Psicoloxía Clínica e investigadora do Centro de Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago (USC).
  • María José Ginzo. Doutra en Estatística e Investigación Operativa profesora da Universidade de Santiago e investigadora vinculada ao Centro de Investigación en Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga).
  • Cintia Folgueira. Doutora en Endocrinoloxía e Nutrición e empregada no Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC).

19 de marzo. Conversa con María Loureiro

A segunda as conversas do ciclo estará protagonizada pola economista e catedrática da Universidade de Santiago María Loureiro. Un dos seus traballos de maior impacto foi a pericial económica dos danos ocasionados polo Prestige, presentada por parte da Fiscalía de Medioambiente no xuízo sobre o caso. Recibiu o Premio María Josefa Wonenburger en 2024.

26 de marzo. Mesa redonda sobre romper cos estereotipos na ciencia

O ciclo Ciencia en feminino rematará cunha mesa redonda onde se abordará a maneira de romper cos estereotipos da ciencia. Tres investigadoras galegas conversarán sobre os tópicos vixentes neste eido e se estes inflúen á hora de escoller especialidades. Participarán na actividade:

  • Yasmina Martínez. Entomóloga e investigadora predoutoral na Universidade de Vigo.
  • Marta Castiñeira. Doutora en Química Física e investigadora do Centro de Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago.
  • Paula Gutiérrez-Muñoz. Investigadora do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), Centro Oceanográfico de Vigo e Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol