Un estudo da USC evidencia a falta de percepción sobre o risco do radon no ámbito laboral

A metade das persoas empregadoras non tomara ningunha acción de mitigación malia atopar concentracións por enriba do nivel límite

A análise de máis de 3.000 medicións de radon en espazos laborais de España, mostrou que o 20% dos postos de traballo excedían os 300 bequerelios por metro cúbico de aire, cifra límite segundo a nova regulación relativa á exposición das persoas traballadoras a este gas. O estudo abordou postos de traballo de múltiples sectores, situados por todo o país e, principalmente, en zonas prioritarias de radon. “A falta de percepción do risco que supón a exposición a radon foi a razón máis común para non mitigar”, sinala a investigadora. 

A exposición ao radon considérase o segundo factor de risco do cancro de pulmón despois do tabaquismo. O novo marco regulamentario sobre a exposición das persoas traballadoras ao radon introduce, por primeira vez en España, un nivel de referencia de 300 Bq/m3. Isto materialízase en que os e as empregadoras deben medir o radon en planta baixa e baixo rasante nas zonas prioritarias de radon, tendo que efectuar unha mitigación no caso de detectar un nivel superior a este límite. 

Publicidade

Estudo pioneiro

A investigadora do Centro de Investigación Interdisciplinario en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS) e da área de Epidemioloxía e Saúde Pública, Lucía Martín de Bernardo Gisbert, levou a cabo un estudo pioneiro sobre o radon ocupacional do que resultaron novos datos sobre a porcentaxe de postos de traballo que superan o nivel de referencia, e os motivos polos que non se toman medidas para reducir os niveis excesivos deste gas.

En España e no resto do mundo, existe unha falta de evidencia respecto da mitigación de radon laboral. Estudos que cuantifiquen e caractericen a exposición laboral a radon no país como o que levou se levou a cabo neste estudo dirixido polos profesores da USC, Alberto Ruano Raviña e Mónica Pérez Ríos, poden servir como punto de partida para a aplicación da nova normativa.

Publicidade

Os principais obxectivos da investigación foron revisar e analizar a evidencia dispoñible sobre o impacto do radon na saúde das persoas, caracterizar a exposición ocupacional ao radon e a súa mitigación en España, e propoñer solucións para protexer ás persoas traballadoras fronte a este carcinóxeno pulmonar.

Unha de cada tres aulas galegas

En plantas baixo rasante e en baixos, o 30 e 21% dos postos de traballo superaron os 300 Bq/m3 respectivamente. Con todo, as plantas superiores non estaban exentas de risco; en primeira e segunda planta e plantas superiores entre un 17% e un 18% excederon os 300 Bq/m3. En paralelo tamén se fixeron medicións en colexios de Galicia e Norte de Portugal. Os resultados das 416 medicións mostraron que unha de cada tres aulas excedía os 300 Bq/m3.

“Estes datos evidencian que a exposición ao radon no traballo non é algo específico de certas ocupacións como a minería ou os balnearios, senón que é un risco en calquera posto de traballo situado nunha zona prioritaria de radon”, explica a investigadora. Os resultados desta tese tamén evidencian que en España se desatendeu a mitigación de radon ocupacional, xa que case a metade das persoas empregadoras entrevistadas non tomaran ningunha acción de mitigación malia atopar concentracións de radon por enriba dos 300 Bq/m3. 

Tribunal e cualificación 

Un total de dez publicacións conforman esta tese por compendio de artigos aos que se suman dos produtos de difusión e transferencia de coñecemento: a concepción e organización do I Simposio Nacional sobre Radón Laboral (con financiamento competitivo do Consello de Seguridade Nuclear), e a ferramenta software RadonPro, unha propiedade intelectual rexistrada para o cálculo da dose efectiva acumulada en traballadores expostos ao radon.

O tribunal formado Inés Mato Naveira, subdirectora de Programas de control de riscos ambientais para a saúde da Consellaria de Sanidade; Virginia Calvo, oncóloga no Hospital Universitario Puerta de Hierro (Madrid); e Alcides Pereira, catedrático da Universidade de Coimbra cualificaron o traballo con cum laude e a Mención Internacional grazas á estadía na Universidade de Tampere (Finlandia) que cursou a investigadora coa axuda de mobilidade do CRETUS. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos