A esperanza de vida dos galegos aumenta ata case os 84 anos

O Instituto Galego de Estatística estima que as mulleres poden chegar aos 86,89 , mentres que os homes aos 80,92

A esperanza de vida dos galegos ao nacer aumenta ata case chegar os 84 anos. En concreto, a cifra é de 83,95; a máis alta deste século. O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar os datos de 2023, no que as mulleres manteñen maior lonxevidade que os homes. As galegas poden alcanzar os 86,89 anos, fronte aos 80,92 do xénero masculino. Ademais, amplíase o tempo que lles queda por vivir ás persoas de 65 e 80 anos.

O IGE publica este venres unha actualización das súas táboas de mortalidade, que mostran a esperanza de vida dos galegos segundo tres períodos: ao nacer, con 65 anos e con 80. Os datos de 2023, que aínda son provisionais segundo indica o instituto, aumentan en todos os sectores en comparación ao período anterior.

Publicidade

Máis anos de vida

Ao nacer, as mulleres aumentaron en case un ano a súa lonxevidade, pasando dos 85,99 aos 86,89 anos. Do mesmo xeito, chegados os 65 anos, a estatística indica que lles quedan 24,14 anos por vivir. No exercicio anterior deste informe, a cifra era de 23,39. Tamen soben os anos que lles quedan as galegas unha vez cumpren 80. En 2022 este dato era de 10,91, mentres que a actualización indica que son 11,66 anos.

Por outro lado, malia que a súa lonxevidade sexa menor ca das mulleres, os homes tamén a aumentan en todos os sectores. En comparación con 2022, os galegos amplían en 0,54 anos a súa esperanza de vida ao nacer. Cumpridos os 65 anos, o IGE estima que poden vivir 19,98 anos máis e, chegados os 80 a cifra pasa de 8,96 en 2022 a 9,66 en 2023.

Publicidade

Esperanza de vida dos galegos após cumprir os 65 anos. Foto: Instituto Galego de Estatística
Esperanza de vida dos galegos após cumprir os 65 anos. Foto: Instituto Galego de Estatística

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cinco lendas galegas máis arrepiantes para pasar medo na noite de Samaín

A Santa Compaña, o Can do Urco e o Sacaúntos son algunhas das historias de medo máis coñecidas da tradición oral

Do contedor a unha segunda vida: en que se transforma o que reciclamos?

O papel, o vidro, o plástico e a materia orgánica poden converterse en novos produtos, reducir o consumo de recursos e xerar aforro económico e ambiental

Como loitar contra o mosquito tigre en cemiterios: estas son as recomendacións principais

As macetas, os elementos florais e outros recipientes propicios a acumular auga vólveno un dos lugares predilectos de cría do insecto

Un documental mergúllase nos bosques de carrumeiro, un tesouro das costas galegas

Os submarinistas Xaime Beiro, Silvia Iglesias e Jorge Martínez asinan unha peza audiovisual que se estreará o 5 de novembro na Semana de Cine Submariño