Tres grandes factores de risco de infarto en mulleres novas (segundo científicos galegos)

Os antecedentes familiares, os niveis altos de colesterol e a depresión están relacionados cunha maior probabilidade de doenzas cardíacas

Os antecedentes familiares de enfermidades de arterias coronarias están fortemente asociados coa aparición temperá desta patoloxía en mulleres novas. Os outros factores de risco de eventos cardiovasculares adversos son o colesterol e a depresión, segundo se desprende un estudo realizado por un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS). O artigo foi publicado recentemente na revista Journal of Cardiovascular Development and Disease.

A investigación naceu tras a detección dunha maior incidencia de enfermidades de arterias coronarias —e a súa derivación en infartos de miocardio— entre as persoas de ata 40 anos de idade, especialmente en mulleres. Isto levou os expertos a avaliar as asociacións entre diferentes variables clínicas e o risco de aparición destes episodios de maneira temperá, así como os eventos cardiovasculares adversos maiores durante o seguimento da enfermidade.

Publicidade

Riscos adversos

Así, de entre 19.321 coronografías realizadas entre 2005 e 2015, un 2,6% (504 persoas) foron pacientes de ata os 40 anos, seleccionándose unha cohorte dun total de 52 mulleres con sospeita de enfermidades de arterias coronarias, das que 23 delas finalmente non as padeceron fronte a 29 que si. Sobre esta mostra de 52 pacientes, realizáronse controis de índices analíticos —hipertensión, diabetes, colesterol, triglicéridos, glicosa…— e mesmo incidencias como os síntomas percibidos, o tabaquismo, o consumo de drogas, a medicación receitada ou a depresión.

A principais conclusións mostran unha correlación entre a presenza de antecedentes familiares de enfermidades de arterias coronarias. Corroborouse en máis 40% dos casos analizados, especialmente en pacientes procedentes de familias nas que algún membro tiña arteriosclerose prematura até o segundo grao de parentesco. Así, o estudo identificou que as mulleres con antecedentes tiñan un risco case seis veces maior de desenvolvela en comparación coas que non os tiñan.

Publicidade

A estes indicadores, outro dos aspectos sinalados como factor de risco é a colesterolemia. Así, tal e como sinala o estudo, o índice de Castelli é a relación entre o valor do colesterol total e o colesterol HDL. Un índice por baixo de 5 en homes e 4,5 en mulleres indica un risco de accidente cardiovascular baixo-medio. Neste sentido, o seguimento a longo prazo realizado neste estudo revelou que as pacientes cun índice de Castelli elevado incrementaba o risco en máis de 11 veces.

Asociación de factores non tradicionais

Con todo, non só os antecedentes son un factor de risco de padecer eventos cardiovasculares adversos maiores. Os síntomas depresivos, segundo indica o estudo, inflúen notablemente na aparición de infartos agudos de miocardio. De feito, as mulleres novas que padeceron estes eventos presentaron niveis máis altos de factores de risco psicosocial, como depresión, estrés, peor saúde física e mental e menor calidade de vida no momento do evento, en comparación cos homes.

Os autores tamén sinalaron que a Terapia Analítica Funcional da depresión entre as mulleres (25,5%) é tres veces maior que nos homes (8,7%). Esta asociación mantense despois do axuste, o que suxire que, tanto os factores psicolóxicos e os socioeconómicos xogan un papel importante na aparición e o prognóstico de infartos agudos de miocardio. “No noso estudo, case a metade das mulleres presentaron un diagnóstico previo de depresión ou estaban baixo tratamento antidepresivo ao inicio”, apunta os autores.

“Estudos previos propoñen a hipótese de que a depresión pode aumentar o risco de enfermidade cardiovascular das mulleres por diferentes factores biolóxicos condutuais —baixo apoio social, tabaquismo, abuso do alcohol, obesidade, mala medicación ou adherencia—. Estes achados poñen de relevo a necesidade de novas estratexias centradas nas características relacionadas co xénero, que proporcionarán ás mulleres novas un mellor prognóstico perante enfermidades de arterias coronarias”, apuntan os investigadores. Segundo as conclusións extraídas da investigación, as mulleres con depresión presentaban un risco oito veces maior de padecer un evento adverso.

Anticipación

Os investigadores manifestan no estudo que se debe considerar a prevención primaria centrada na análise xenética en detalle en mulleres de alto risco con antecedentes familiares de enfermidades de arterias coronarias. Tamén, con outros dactores de risco cardiovascular, así como a promoción da saúde enfocada a un mellor control dos niveis de colesterol e a saúde mental.

O traballo está asinado polos investigadores do Grupo de Investigación Cardiovascular do IISGS Andrés Íñíguez Romo, investigador principal e xefe do Servizo de Cardioloxía da Área Sanitaria de Vigo; Victor Alfonso Jiménez Díaz, director da Unidade de Investigación Cardiovascular do Hospital Álvaro Cunqueiro; César Veiga García, Pablo Juan Salvadores, Samuel Pintos Rodríguez e Carlos Martínez García, así como polo catedrático do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina da USC, Francisco Caamaño Isorna.


Referencia: Coronary Artery Disease in Very Young Women: Risk Factors and Prognostic Insights from Extended Follow-Up (Publicado en Journal of Cardiovascular Development and Disease)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Mesa redonda: como derrubar os estereotipos da muller científica

A segunda sesión do ciclo contará coa participación das investigadoras galegas Laura Castro, Gloria González e Beatriz Fernández

Investigadores galegos identifican unha proteína clave para diagnósticos de saúde mental

Unha tese do IDIS e o IISGS analiza a hormona IGF-2 como posible biomarcador da esquizofrenia, a depresión e o trastorno bipolar

Unha firma galega mobiliza 1,84 millóns para investigar doenzas inflamatorias intestinais

A Axencia Estatal de Investigación selecciona a iniciativa dunha biotecnolóxica galega para buscar novas vías contra a colite ulcerosa e a enfermidade de Crohn