ToloCiencia

A única caca cúbica do mundo animal… un novo estudo explica o porqué

Un novo traballo científico atopa no intestino do wombat a razón pola que defecan estas 'bostas' poliédricas que asombran entre os mamíferos

‘Weltanschauung’, a palabra galega máis buscada no dicionario da RAG

O termo filosófico admitido pola Real Academia Galega colocouse no primeiro lugar entre as palabras máis consultadas no mes de xaneiro de 2021

Buscan nos ronquidos dos miniporcos a causa da apnea do sono

A anatomía da farinxe do porco de Iucatán, semellante á dos humanos, pode achegar respostas para solucionar esta patoloxía

Así é a dor de cabeza que causa a resaca

Un estudo caracteriza a xaqueca causada polo consumo de alcohol, que supón unha das principais causas de cefalea no mundo

Seis fascinantes seres vivos transparentes, ou case

Mediante distintas estratexias, algúns animais e vexetais desenvolveron durante a evolución unhas peculiares características

Así insulta a xente en Galicia: as 30 ofensas máis comúns

Unha investigación da lingüista María Méndez e o neurocientífico Jon Andoni Duñabeitia compila os insultos máis comúns en España

Viaxar ao espazo provoca dano celular, segundo un novo estudo

Unha investigación internacional analizou os datos de experimentos da NASA e corroborou afectacións na función das mitocondrias

Chiscarlle o ollo ao teu gato pode comunicarte con el, di un estudo

Científicos británicos constatan nun experimento que mover as pálpebras lentamente e de forma relaxada fai sentir cómodos aos felinos

Cada vez máis persoas teñen outra arteria extra no antebrazo

Unha nova investigación no Journal of Anatomy revela que avanza a prevalencia deste vaso sanguíneo que só era operativo ante de nacer

Un estudo identifica 41 variantes xenéticas asociadas ás persoas zurdas

A maior análise realizada neste sentido, con datos de 1,7 millóns de persoas, detecta outras sete variantes atribuídas a persoas ambidextras

Non, o cannabis non protexe da Covid-19 (aínda que sexa preciso desmentilo)

O investigador Manuel Isorna, da Universidade de Vigo, participa nun artigo no que se revisan as informacións falsas sobre o uso da droga fronte á infección

O primeiro gato infectado polo coronavirus en España non morreu por mor da Covid-19

As análises constatan que o animal tiña unha grave patoloxía cardíaca que lle causou a morte, e que a carga vírica era residual

Atopan en Siberia restos do oso das cavernas, o xigante extinto que habitou Galicia

Científicos da Universidade de Yakutsk analizarán o corpo atopado por pastores de renos nas illas Lyakhovsky, no Círculo Polar Ártico

O parón no ruído sísmico: así deixou de ‘vibrar’ a Terra durante o confinamento

O Instituto Geográfico Nacional realizou unha análise da evolución deste fenómeno desde o estado de alarma ata os últimos días

As camas ‘máxicas’ (e caras) dos famosos: unha nova aduanada en nome da ciencia

Os creadores do produto sosteñen que descansar nelas "reduce a túa idade biolóxica" e "elimina a contaminación electromagnética"

Estes son os maiores raios rexistrados: 709 km e case 17 segundos de duración

A Organización Meteorolóxica Mundial certifica que dous raios rexistrados en 2018 en Brasil e 2019 en Arxentina duplican os rexistros anteriores