Arredor do insulto (aquilo que o dicionario da Academia Galega entende como ‘acto ou palabra que ofende gravemente’), as linguas e os seus falantes despregan a riqueza léxica. A natureza humana, tendente moitas veces á carraxe cara aos outros, provoca que se desenvolva unha especial creatividade nas ofensas. Moitas veces, os insultos son algunhas das primeiras palabras que, entre chanzas, se aprenden nunha lingua estranxeira. E arredor delas hai tamén unha longa e profunda investigación académica. Teses como as de Paulino Novo Filgueira, presentada hai varios anos na USC, abordaron a través da literatura toda a diversidade dos insultos en galego e presentaron un dicionario de descualificacións. E recentemente, o traballo doutra filóloga galega, María Méndez (Universidade de Alicante), desenvolvido xunto ao seu colega Jon Andoni Duñabeitia (Universidad Nebrija), marcouse outro importante obxectivo: unha enquisa para compilar e analizar os insultos máis frecuentes entre os habitantes de España falantes de castelán.
A listaxe difundírona os autores a través dun artigo en The Conversation, despois de compilar máis de 2500 respostas de todas as comunidades autónomas. Gilipollas é o gañador absoluto en todas elas, mentres que se turnan nos seguintes postos cabrón/a, imbécil, subnormal, idiota ou hijoputa/hijaputa.
Este proxecto xorde, segundo explican os autores, “no contexto dunha investigación máis ampla sobre o procesamento cognitivo de palabras tabú, para saber o nivel de activación emocional, é dicir, o grado de reacción que nos provocan”. Deste xeito, a enquisa sobre os insultos foi un dos pasos “para poder lograr o corpus de ítems cos que traballaremos no futuro”. “Debiamos ter respostas de falantes do español para non escoller aleatoriamente os que nós quixésemos”, e “decidimos que unha das categorías, os insultos, eran moi apetitosos para facer unha pesquisa máis concreta”, apuntan.
“O resultado desta primeira etapa será unha análise dos insultos máis frecuentes entre as persoas españolas para caracterizalos fonética, morfolóxica, sintáctica, semántica e pragmáticamente”, ademais de ter “en consideración para describir os usos factores como a idade ou a identidade de xénero”.
Por este motivo, a investigación de Méndez e Duñabeitia céntrase no español, pero constátase como, á hora das ofensas, xorden en lugares destacados empréstitos do galego como pailán, papahostias ou parvo.
“Entre as dimensións que teñen as linguas, unha delas é a riqueza dos mecanismos de creación de palabras; por exemplo, en español a sufixación e composición son mecanismos moi rentables”, explican Méndez e Duñabeitia. “Isto serve para crear incontables palabras”, xa que “moitos insultos, de feito, son creados mediante composición e, aínda que esto puidese parecer universal, non o é”.
Así, destacan que “en inglés, nun estudio de máis de 8000 palabras compostas, só detectaron unha ducia de insultos. Podemos dicir pois que o español é unha lingua rica en canto a insultos? Pois si, polo seu potencial creativo, sen dúbida o é”. E isto tamén se aplica ao galego, “con composicións amplamente coñecidas como fervellasverzas, rapatundas, caradecona ou lambecricas“, destacan os autores.
No caso de Galicia, destaca na enquisa o noveno lugar o empréstito parvo/a. Esta é a listaxe completa (os números que se repiten amosan que a frecuencia é a mesma en cada un dos insultos):
Diferenzas nas ofensas
As variacións non son só xeográficas, senón tamén xeracionais ou de sexo. “Tiñamos rexistrados antecedentes teóricos das diferenzas que poderían saír nos datos dada a situación noutros países; por exemplo, nunha sociedade tan ríxida e marcada socialmente entre sexos como a iraní, os insultos que usan eles e elas son diferentes”, explican Méndez e Duñabeitia.
No caso español, porén, non se observan grandes diferenzas entre os máis usados, pero si se atopa un maior uso por parte dos homes de payaso/a e de estúpido/a por parte de mulleres. En canto á idade gilipollas presenta maior uso entre a xuventude e cabrón/a entre persoas maiores. E sobre as diferenzas xeográficas, ademais dos casos mencionados en Galicia, destacan insultos con selo rexional como pollaboba ou machango en Canarias ou ababol, en Aragón.
Máis información:
- Os insultos en galego. Estudo lingüístico. Tese de doutoramento de Paulino Novo Folgueira.
- ¿Cómo insultan los españoles? Artigo de María Méndez e Jon Duñabeitia en The Conversation.
- Enquisa sobre os insultos máis usados elaborada polos autores.
Hay “insultos” gallegos que son auténticas joyas léxicas, como comedebalde, bichicoma, fodechinchos, cheo de moscas, morto de fame, lambecricas…
Non debe ser doado nos tempos q vivimos do políticamente correcto ,publicar unha lista de insultos ,pero aínda esí sigueme parecendo un exercicio lingüístico interesante ,e mais tratándose do galego ,q os ten moi propios e sen tradución posible
E NO BRASIL OS XINGAMENTOS CLÁSSICOS SON:
PUTA QUE PARIU
VAI SE FUDER
VAI TOMAR NO CU
PILANTRA
SAFADO
SALAFRARIO
SEU MERDA
SUA BISCATE
VAGABUNDO
TROUXA
VAI SEU BOSTA
ABESTADO e BURRO Por isto digo ninguém ganha em XINGAMENTOS do que o meu amado BRASIL!!!!!!
E NO BRASIL OS XINGAMENTOS CLÁSSICOS SON:
PUTA QUE PARIU
VAI SE FUDER
VAI TOMAR NO CU
PILANTRA
SAFADO
SALAFRARIO
SEU MERDA
SUA BISCATE
VAGABUNDO
TROUXA
VAI SEU BOSTA
Por isto digo ninguém ganha em XINGAMENTOS do que o meu amado BRASIL!!!!!!
Lo
Ónde quedaron ‘morea de merda’, ‘caldeiro de esterco’, ‘torda’ ou mesmo ‘trosma’?
Este comentario é mellor que todo o artigo