Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

O calor é abafante, sobre todo no interior de Pontevedra, onde a Xunta mantén a alerta vermella por calor durante o martes. Segundo Meteogalicia, as temperaturas manteranse en valores extremos ao longo de toda a semana, e só comezarán a mostrar un lixeiro descenso a partir do venres. Ata ese día, superaranse os 30 graos en todas as cidades galegas, e Ourense acadará os 37 de máxima. Os motivos polos que Galicia está a rexistrar temperaturas tan elevadas ás portas do outono, que comeza este mércores 23, hai que buscalas no patrón atmosférico. O aire procedente do norte de áfrica sobe os termómetros e o bloqueo anticiclónico sobre a península impide que chegue a influencia atlántica, que traería aire máis fresco.

O escenario non prevé cambios ata o xoves. O aire cálido persistirá en Galicia ata finais de semana, acompañado de ceos despexados e tempo solleiro. Está previsto que durante estes días todas as cidades galegas superen os 30 graos agás A Coruña, que roldará os 26 de máxima. Ourense levará os rexistros máximos, con valores que superarán os 37. De feito, segundo os rexistros de Meteogalicia, nunha das estacións da cidade das Burgas acadáronse o luns os 38,5 graos de máxima ás 18 horas; a maior temperatura rexistrada na comunidade autónoma durante esa xornada.

Publicidade

O cambio de tempo comezará a percibirse a partir do venres, cando Galicia se atope nunha situación intermedia entre as altas e baixas presións e se produza un alivio térmico. É probable que entre a fin de semana e comezos da vindeira haxa ceos con nubes e claros e os termómetros descendan, pero a valores propios desta época do ano. Tampouco se agardan precipitacións agás o domingo pola mañá, cando se poderá achegar unha fronte que deixe chuvias febles na metade norte. Dende Meteored concordan co prognóstico, e indican que a partir do domingo o bloqueo anticiclónico perderá forza e poderá entrar o aire frío en altura. Porén, non se espera unha episodio xeneralizado de chuvias no que queda de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro