‘Weltanschauung’, a palabra galega máis buscada no dicionario da RAG

O termo filosófico admitido pola Real Academia Galega colocouse no primeiro lugar entre as palabras máis consultadas no mes de xaneiro de 2021

A palabra máis sorprendente recollida no Dicionario da Real Academia Galega é ‘weltanschauung‘, que aparece identificada como substantivo feminino e a seguinte definición: “Filosofía. Xeito de concibir o mundo e a vida” A entrada ao termo inclúe un exemplo: “A weltanschauung cristiá“.

O dicionario sempre achega sorpresas. E dende que ‘weltanschauung‘ apareceu como admitida polos lexicógrafos da academia galega, son comúns en Twitter os comentarios e mesmo as críticas pola incorporación deste termo filosófico alemán. Algúns pensan que é unha palabra demasiado técnica e afastada do galego mentres existen outras máis tradicionais que non aparecen no dicionario.

Publicidade

E o interese por tan curiosa palabra ‘galega’ levou a que neste mes de xaneiro de 2021 se teña convertido na palabra máis buscada do Dicionario da RAG, por riba de ‘zorra’, ‘presa’, ‘mais’ e ‘póla’, que ocupan as posicións da segunda a quinta entre as entradas máis procuradas en liña.

Weltanschauung é unha expresión introducida polo filósofo Wilhelm Dilthey, membro da escola hermenéutica.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio optan a Palabra do Ano 2025

A iniciativa impulsada pola RAG e a Fundación Barrié inicia o seu período de votacións, que pechará o 21 de decembro ás 23:59 horas

Arnelas e testas de ourizo: o dicionario da UVigo que aposta pola ciencia en galego

A segunda edición da 'Escolma de textos científicos' conta coa participación de docentes dos tres campus para elaborar termos do mundo da informática, a xestión pública e a bioloxía mariña

O manuscrito no que Castelao descoñece a súa elección como membro da RAG

A institución publica en formato dixital documentos vinculados ao ingreso do escritor galego o 25 de xullo de 1934

Cantareira, dina, fala, meu… Estas son as seis candidatas a Palabra do Ano 2024

A Real Academia Galega abre a fase de votación popular para elixir o vocablo que sucederá a cibercarracho, comadre e tanxugueiras