Os seres vivos que podemos contemplar hoxe en día na Terra son froito dun longuísimo proceso de evolución co que conseguiron sobrevivir aos desafíos aos que se enfrontaron. Entre as moitas estratexias, a camuflaxe é unha das máis sorprendentes. E algúns organismos mesmo conseguiron, a forza de ser transparentes, acadar unha certa invisibilidade cara aos perigos que axexan. Para isto precisan, como é lóxico, dun corpo formado por tecidos que non dispersan nin captan a luz que incide neles. “A transparencia é a camuflaxe perfecta”, explicaba hai uns meses a Science Alert o investigador James Barnett da Universidade McMaster en Canadá, autor dun artigo sobre as ras de cristal.
“Isto é relativamente común en especies acuáticas onde o tecido animal comparte un índice de refracción semellante ao da auga”, engadía Barnett. Así, moitas criaturas microscópicas e mariñas aproveitaron a súa habilidade como criaturas transparentes para agocharse en medios acuáticos. En terra firme, os exemplos son moito máis raros, debido ao menor índice de refracción do aire respecto á auga, o que fai menos eficaz a transparencia dos tecidos nas especies terrestres. Porén, algunhas plantas e animais conseguiron desenvolver a capacidade de seren transparentes, en parte ou ao completo. Estes son seis exemplos:
“Luras de vidro”
Os cránquidos (Chranchiidae) son unha familia de cefalópodos cunhas 60 especies que, agás os seus ollos e estómago, son practicamente transparentes. Estas partes son as únicas que absorben parte da luz por mor do seu funcionamento. Pero aínda así, teñen estratexias para manterse moi pouco visibles.

Algunhas especies colocan o seu organo dixestivo visible en posición vertical e, noutras ocasións, levantan os seus apéndices para reducir o seu volume, como se ve neste vídeo:
As ras de vidro
O aparello dixestivo da ra de cristal, da familia dos centrolénidos, pode verse desde a súa parte inferior través da súa pel. Porén, se o precisan, estas ras poden camuflarse nas follas a través da súa cor verde, polo que fica practicamente invisible aos ollos pouco adestrados. O ventre transparente axuda ao anfibio a cambiar de brillo para igualar os niveis de luz, e as súas extremidades translúcidas contribúen igualmente á súa camuflaxe.

Ollos enormes
No canto de crear unha ilusión de luz e espellos, outras especies transparentes teñen diferentes estratexias para ocultar os seus tecidos oculares visibles, como os crustáceos cuxas retinas coinciden coa cor e brillo da contorna. Por exemplo, o anfípodo de augas profundas Paraphronima gracilis ten uns ollos que representan case o 50% do seu corpo, pero conseguiu, a través da evolución, constituír 12 diminutas retinas, espaciadas dun xeito que as fai menos visibles desde a parte inferior, ao tempo que maximizan a súa sensibilidade á luz que chega desde arriba.

Protuberancias vibrantes
Para contrarrestar os reflexos causados polos cambios no índice de refracción entre o aire e o organismo, algunhas especies desenvolveron tecidos con protuberancias submicroscópicas que causan un abraiante efecto óptico. Así o fai a couza Cephonodes hylas, que usa esta estratexia en nas súas ás e, como parte de maxia, fai desaparecer parte do seu corpo. As protuberancias que ten nas ás combínanse co seu movemento para facer que, durante décimas de segundo, se produza este efecto. Podes observalo neste vídeo:
Tan plano como sexa posible
Moitos peixes de curta idade mantéñense en parte transparentes durante a primeira etapa da vida. Porén, especies como as anguías seguen sendo translúcidas, como unha especie de vidro, antes de acadar a etapa adulta. Así, valéndose ademais da súa forma alongada, os xuvenís de anguía poden pasar desapercibidos, ou mesmo confundidos cos plásticos cada vez máis presentes nos mares.
Estas cintas flotantes llevan la estrategia de aplastarse al extremo. Cuanto más delgado es un objeto, más luz puede pasar imperturbable. Esto también hace que sea muy difícil verlos desde el borde.
Agora podes velos, agora podes ver a través deles
Cando as flores ou as follas secan adoitan tornar dunha cor máis apagada do habitual. O máis sorprendente é cando o seu aspecto cambia radicalmente en función da auga que reciben. A flor Diphylleia grayi é branca, cun aspecto fermoso, pero non fóra do común, cando o día é seco. Porén, se a auga cae sobre ela, os seus pétalos vólvense cases transparentes.
Isto é debido a que, cando está seca, a superficie do pétalo e os espazos de aire na súa estrutura combínanse para reflextir a luz. Porén, cando chove, a chuvia enche eses espazos, desprazando o aire e permite o paso da luz.

O comportamento destas e outras moitas especies transparentes inspirou á comunidade científica para desenvolver todo tipo de materiais con opacidade cambiante para multitude de aplicacións. Desde a biomedicina ata a enxeñaría, a capacidade de producir materiais transparentes ofrecería enormes ventaxas para a sociedade.