A Xunta permite a mobilidade entre concellos das 6 ás 23 horas do día de Reis

O comité clínico decide o levantamento do peche perimetral en Carnota e As Pontes, á espera de novas decisións que se tomarán o venres

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia sobre as medidas a tomar diante da evolución da pandemia da Covid-19 acordou este mediodía levantar os peches perimetrais vixentes en máis de medio cento de concellos para permitir as visitas familiares na festividade de Reis, este mércores 6 de xaneiro. Así, aínda que se manterá o confinamento nocturno (agás para os Reis Magos) na noite do 5 ao 6 de xaneiro, as visitas familiares estarán permitidas, mesmo nos concellos ‘perimetrados’, entre as 6 e as 23 horas deste mércores.

Foi unha das decisións do comité, que ademais rebaixou ao nivel básico as restricións nos concellos de Carnota e As Pontes, polo que se levanta neles o peche perimetral ante a mellora da situación epidemiolóxica neles, e baixar ao nivel medio ao concello de Narón, mentras  que  se manteñen os niveis actuais de restricións existentes a día de hoxe no resto dos concellos da comunidade. As medidas entrarán en vigor na medianoite do luns ao martes despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Publicidade

Alén destas medidas, e tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou engadir ao listado de vixilancia especial aos concellos das comarcas da Coruña e Santiago de Compostela, onde preocupa o aumento de casos detectado nas últimas datas.

As cifras da pandemia empeoran en Galicia á espera de observar o impacto do Nadal

O mapa de restricións queda pendente, con todo, da xuntanza do grupo de expertos que se celebrará o vindeiro venres 8, xa que o comité, segundo expón a Consellería de Sanidade, acordou que é necesario agardar uns días para poder avaliar a evolución epidemiolóxica logo das medidas adoptadas polas festas do Nadal e fin de ano.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Galicia será pioneira en reforzar a vacina contra a meninxite aos 12 anos a partir de maio

Sanidade incorporará ao calendario vacinal unha dose adicional na adolescencia para reducir contaxios e avanzar na erradicación da enfermidade

Máis de 2.500 sinaturas esixen á Xunta que declare o salmón “en perigo de extinción”

Cinco entidades ecoloxistas reclaman que a administración galega "asuma a súa responsabilidade" e protexa a especie

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida