tumores

Protonterapia: así pode axudar a física de partículas contra o cancro

A técnica, que se incorporará ao Sistema Nacional de Saúde con 10 equipos, un deles en Galicia, é un tipo de radioterapia máis precisa nalgúns tipos de tumores

Acurralar os tumores: atopan unha vía para impedir a súa adaptación á falta de osíxeno

Científicos españois amosan que o uso de quimioterapéuticos pode cortar un proceso clave para a proliferación das células tumorais

Un tratamento térmico produce bos resultados en ratos con cancro de páncreas

Científicos españois utilizan a hipertermia magnética con nanopartículas para estimular as defensas e frear o crecemento tumoral

Atopan unha chave que podería pechar a ‘billa’ do alimento ás células tumorais

O grupo do CiMUS liderado por Román Pérez Fernández describe como a proteína POU1F1 induce un cambio metabólico para ao progreso do cancro

O equipo de Marisol Soengas revela un truco do melanoma para enganar ó organismo

Investigadores do CNIO describen en "Nature Medicine" como este tipo de tumores consegue alterar o funcionamento do sistema inmunitario

Un estudo atribúe a infeccións por virus e bacterias o 8% das mortes por cancro

Científicos cataláns e italianos expoñen que as infeccións causadas por bacterias como H. pylori e diversos virus inflúen na aparición dos tumores

Sete datos curiosos sobre o atlas da mortalidade en Galicia

Poucas mortes por Alzheimer e fracturas por osteoporose, gran incidencia dos cancros de estómago e esófago... A que se debe isto?

Un 45% do gasto en cancro recae no paciente e a súa familia

Un informe da Asociación Española Contra o Cancro estima que o conxunto destas doenzas supón un custo de 19.300 millóns cada ano

Atopan relación entre o cancro de testículos e o consumo de marihuana

Unha revisión de estudos realizada nos Estados Unidos constata un risco un 36% maior nas persoas que fumaron marihuana diariamente durante alomenos 10 anos

Un equipo de Santiago constrúe un vehículo eficaz contra o cancro de mama

Un traballo da USC e a Autónoma de Madrid obtén "a primeira evidencia" da efectividade dun anticorpo contra a oncoproteína Gasdermina-B

Un ensaio clínico galego abre unha nova xanela contra o cancro oral

Investigadores de Santiago identifican o papel dos exosomas nestes tumores nun traballo pioneiro publicado na revista "Cancers"

Científicos españois conseguen eliminar un cancro de páncreas en ratos

Mariano Barbacid presentou un estudo que eliminou o que é un dos tumores máis agresivos en humanos, aínda que advirte que non se poderá aplicar por agora

Angélica Figueroa: “A investigación do cancro hoxe é o tratamento de mañá”

A científica dirixe o grupo de​ "Plasticidade Epitelial e Metástase" no INIBIC da Coruña e é membro electo da Asociación Española de Investigación do Cancro

Marisol Soengas lidera o achado do ‘capitán xeral’ da metástase do melanoma

A científica galega, do CNIO, coordina o equipo que atopou unha proteína clave na progresión dun dos cancros máis agresivos

Galicia, pioneira nunha nova técnica para estudar a metástase do cancro de mama

Un equipo dirixido por Clotilde Costa realiza un xenotransplante de células tumorais circulantes dunha afectada da variante triple negativa

O Nobel de Medicina, para os descubridores da inmunoterapia contra o cancro

Os científicos James P. Allison (Estados Unidos) e Tasuku Honjo (Xapón) son os gañadores do premio Nobel de Medicina 2018 polos seus achados na...