Atopan relación entre o cancro de testículos e o consumo de marihuana

Unha revisión de estudos realizada nos Estados Unidos constata un risco un 36% maior nas persoas que fumaron marihuana diariamente durante alomenos 10 anos

Unha revisión de máis dunha vintena de estudos publicada esta semana no JAMA Network Open expón que os homes que fuman diariamente marihuana durante 10 ou máis anos teñen un risco un 36% maior de desenvolver cancro de testículos en comparación cos homes que nunca fumaron esta substancia.

A conclusión tirouse despois de analizar os estudos que abordaban o vínculo entre esta droga e diversos tipos de cancro, como o de pulmón, o oral e o de cabeza e pescozo, ademais do de testículos. Mentres que nos outros tumores non se atopou unha relación significativa, si houbo evidencia dun maior risco no caso do cancro testicular.

Publicidade

Do mesmo xeito que o tabaco, fumar marihuana tamén libera substancias carcinóxenas presentes na planta de cannabis, que poden aumentar o risco desta doenza. Ante as posibles razóns que poderían estar detrás das diferenzas entre o risco do cancro de testículos respecto a outros tipos en relación coa marihuana, os autores non puideron determinar con exactitude cales son, polo que din que son necesarios lonxitudinais a maior escala para comprender mellor as asociacións entre o consumo desta droga e o cancro.

Do mesmo xeito, a investigación advirte de que o cambio de tendencias no uso desta droga (o consumo aumentou do 10,5% en 2002 ao 21,2% en 2014 na mocidade de entre 18 e 29 anos) obriga a desenvolver novos estudos sobre o tema. Alén disto, o traballo insta aos profesionais médicos a advertir aos seus pacientes dos beneficios non comprobados da marihuana que adoitan difundirse, fronte aos probables danos derivados de fumar esta substancia.

Publicidade

O cancro de testículos representa só o 1% de todos os tumores masculinos, pero é o máis habitual entre os mozos de 15 a 35 anos. Adoita aparecer como unha protuberancia firme pero indolora no testículo, e ás veces pode xerar inchazón. Outros síntomas inclúen dor na zona do ventre, náuseas, perda de peso ou vómitos. Con todo, é unha das formas de cancro máis tratables e con maiores taxas de supervivencia.

Referencia: Association Between Marijuana Use and Risk of Cancer – A Systematic Review and Meta-analysis (Publicado en JAMA Network Open).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

Graziella Almendral, presidenta dos xornalistas sanitarios en España: “A desinformación está gañando”

A farmacéutica Zendal organizou unha xornada no Porriño co gallo da Semana Mundial da Inmunización na que participou a profesional da información

Galicia abre a porta a fármacos máis seguros que se activan con luz grazas a unha tecnoloxía pioneira

A investigación do CiQUS, destacada nun editorial pola revista ‘Nature Synthesis’, presenta unha estratexia que reduce os efectos secundarios mediante activación localizada

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade