Juan Picos

O sueste de Ourense, entre as áreas de España con maior probabilidade de sufrir grandes lumes

Un estudo da UVigo baseado en máis de 120.000 simulacións alerta do impacto do cambio climático na evolución e intensidade dos incendios forestais

Do consenso á acción fronte aos lumes: “Unha planificación que non se executa é literatura”

Expertos e expertas forestais presentan un documento con propostas para facer fronte ao escenario actual de grandes incendios

Radiografía do incendio de Larouco: un cóctel devastador de moito vento e pendentes

O experto Juan Picos alerta de que a combinación de factores metereolóxicos e topográficos acelerou a propagación do maior lume de Galicia

Juan Picos: “Estamos diante dos incendios máis grandes dos que imos ter rexistros”

A provincia de Ourense enfróntase a unha vaga de lumes sen precedentes recentes, con focos en Chandrexa de Queixa e Maceda, impulsados pola seca extrema, o vento do nordés e a acumulación de combustible

Juan Picos: “O que está pasando cos incendios en Portugal ímolo ver en Galicia”

O enxeñeiro de montes prognostica vagas de lume extremas como as do país veciño debido á degración do solo e o cambio climático
00:05:07

Previr os incendios extremos con queimas prescritas

O lume técnico pode ser unha ferramenta económica e ecolóxica para xestionar, de maneira sostible, a prevención de grandes incendios forestais

Juan Picos: “Somos unha especie ameazada polos incendios forestais”

O investigador da UVigo participa no proxecto europeo Firepoctep, que busca alternativas na prevención e loita contra os grandes lumes
00:06:17

Firepoctep: un territorio máis resiliente fronte ao lume

Un proxecto europeo establece pontes entre científicos da raia para mellorar a prevención de incendios forestais e limitar os danos do cambio climático

Zonas estratéxicas para cortar a expansión dos lumes no Baixo Miño

Un proxecto transfronteirizo implica a grupos de diversas disciplinas para conter un problema que acada nesta zona unha das súas meirandes magnitudes en Europa

Os petróglifos que frearon o maior incendio de outubro de 2017, un modelo para o futuro

Un proxecto da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra abordará como a protección do patrimonio pode axudar a previr a propagación do lume

Ideas dende a enxeñaría para facer máis rendibles os minifundios

A Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo colabora nun plan con propostas para mellorar a produtividade das pequenas explotacións

Enxeñeiras galegas desenvolven un método para obter “radiografías” das plantacións forestais

Publican un artigo no que describen a caracterización de masas de eucaliptos con tecnoloxía Lidar, obtendo imaxes detalladas de cada exemplar

A espiral sen fin do lume en Ourense: incendiarios e moito máis

A degradación ambiental, as eivas na xestión forestal e o panorama sociodemográfico da provincia alimentan un problema sen solución desde hai décadas

O Courel, Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense: a axenda galega de Pint of Science

Este luns comeza unha nova edición do festival internacional de divulgación nos bares, coa presenza de recoñecidos científicos galegos

Un informe pide maior cooperación nos incendios entre Galicia e Portugal

Con máis de 1,5 millóns de habitantes e unha extensión de preto dun millón de hectáreas, das que case 200.000 forman parte de espazos...

Así serán os incendios do futuro en Galicia: máis rápidos, máis grandes e moi perigosos

Os sucesos de 2017 no noroeste da Península evidenciaron a chegada de novos tipos de lumes impulsados polo cambio climático e o abandono do territorio