Serra do Courel. Foto: R. Pan.
Serra do Courel. Foto: R. Pan.

O Courel súmase ao festival de divulgación Pint of Science

Seoane acollerá xunto a Santiago de Compostela e Vigo charlas divulgativas, segundo informa a programación provisional do evento

Comezou por iniciativa de dous científicos do Imperial College de Londres en 2012, e sete anos despois, Pint of Science é xa un evento mundial. E este ano, Galicia marca unha nova fronteira alén das grandes cidades e vilas. Seoane do Courel, no corazón da serra lucense, será unha das tres sedes galegas do festival, segundo se desprende da programación provisional que xa se pode consultar na web do encontro.

Así, o restaurante Casa Anduriña será a sede do Pint of Science no Courel. Haberá dúas charlas, que se celebrarán o venres 25 e o xoves 26, fóra dos días da programación da maioría dos encontros do festival, para facilitar a asistencia de público.

O venres 24 de maio, ás 20 horas, o investigador Xesús Feás, membro da Academia de Ciencias Verinarias de Galicia, abordará a necesidade dunha información correcta, relevante, accesible, efectiva e baseada na evidencia científica sobre a Vespa velutina.

O día seguinte, sábado 25, ás 20 horas, o investigador da Universidad de Oviedo José Vicente López Bao abordará a coexistencia entre os grandes depredadores e o ser humano, e como ao longo da historia os grandes carnívoros pasaron de ser considerados especies a erradicar a especies que precisan ser protexidas, nun mundo cada vez máis dominado pola actividade humana.

Santiago de Compostela

Un ano máis, A Nave de Vidán será a sede de Pint of Science en Santiago de Compostela, neste caso os días 20, 21 e 22 de maio, ás 19.30 horas. Esta é a programación:

Luns 21 (Cambio climático)

Iria Fernández Silva, investigadora do Phylogenomics Lab (UVigo): Peixes + arrecifes de coral + cambio climático = ?.

Juan Picos, profesor, investigador e director da Escola de Enxeñaría Forestal da UVigo: Como afecta (e afectará) o cambio climático aos nosos bosques).

Vicente Pérez Muñuzuri, investigador do grupo de Física non Lineal da USC: O clima como motor da historia da humanidade.

Martes 21 (Tecnoloxía)

Cristina Rodríguez Fontenla, investigadora do grupo de Xenómica e Bioinformática do CiMUS: Tecnoloxías de secuenciación de nova xeración: descifrando a xenética do autismo.

José Manuel C. Tubío, investigador do CiMUS: A revolución das tecnoloxías de secuenciación xenómica.

– Senén Barro, catedrático da USC e investigador no CiTIUS: A Intelixencia Artificial e os seus paradoxos.

Mércores 22 (Sociedade)

Ángeles Lopez Agüera, profesora da Facultade de Fisica da USC: Migrantes climáticos, realidade, causa e respuesta. A actual migración é climática?

Daniel Lanero Táboas, investigador Ramón y Cajal no grupo Histagra da USC. Por que temos un “problema” coa vivenda en España? Algunhas claves históricas.

Antonio Míguez Macho, investigador Ramón y Cajal no grupo Histagra da USC: Podemos curar o pasado? Memoria dos conflitos, conflitos de memoria.

Vigo

Neste caso, as charlas serán os mesmos días que en Santiago, no Mercado do Berbés, a unha hora por confirmar:

Luns 20: Das clásicas vacinas á moderna medicina personalizada: un camiño cheo de controversias.

Víctor Miguel del Campo Pérez, investigador da UVigo: As vacunas: a ciencia tamén serve para previr enfermidades.

Ángel Carracedo Álvarez, catedrático da USC e investigador do grupo de Medicina Xenómica:A revolución xenómica: Un mundo de posiblidades, pero amodiño.

Martes 21: a tecnoloxía do futuro, no presente

Vojislav Petrovic Filipovic, investigador do grupo AIMEN: Impresión 3D, mitos e verdades.

Pablo Izquierdo Belmonte, investigador daUVigo: Teledetección de incendios forestais.

Mércores 22: Nanopartículas, exoplanetas e outros misterios

Ana Ulla, investigadora da UVigo: A Terra vista desde α Centauri.

José Benito Vázquez Dorrío, investigador da UVigo: Nanotecnoloxía no bar con pouca luz.

Toda a información de Pint of Science 2019, na súa web.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.