O aviso amarelo por neve chega a Ourense

Varias estacións de Galicia rexistraron valores baixo cero, co municipio ourensán da Veiga na mínima do país: -6 graos

O aviso amarelo por neve avanza dende a montaña de Lugo e afecta tamén á provincia de Ourense, con acumulacións de 2 centímetros na parte oriental da provincia e de 5 centímetros nas montañas ourensás.

Meteogalicia decretou hoxe estes novos avisos previstos para este xoves e a xornada do venres. Tamén hai aviso amarelo por vento e ondada no mar no litoral da Coruña e de Lugo, que se manterá tamén na xornada do sábado 6 de abril.

Publicidade

As primeiras nevaradas xa caeron na madrugada deste xoves na montaña lucense, especialmente na zona dos Ancares. Ademais, coa entrada desta masa de aire frío procedente de Groenlandia a primavera pecha dúas semanas de calor inusual, para entrar en temperaturas máis propias do inverno. No municipio da Veiga marcouse a mínima da xornada, co termómetro en 6 graos baixo cero. As mínimas por baixo do cero estiveron presentes tanto nas montañas de Lugo e Ourense como noutros puntos de Galicia.

Ademais, a primeira fronte da primavera é unha borrasca que deixa grandes precipitacións e fortes ventos. A situación de inestabilidade continuará o venres, tamén con temperaturas baixas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro