Carmen Álvarez e Ángel Carracedo, recoñecidos nos Premios Nacionais de Investigación

Dos dez galardóns que concedeu o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, dous recaeron este ano en recoñecido persoal investigador da USC

O catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo e a catedrática e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS) Carmen Álvarez veñen de ser recoñecidos polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades cos Premios Nacionais de Investigación, dotados con 30.000 euros cada un.

Ao profesor Carracedo, Premio Nacional de Investigación Gregorio Marañón na área de Medicina e Ciencias da Saúde, recoñéceselle a súa destacada traxectoria no ámbito da medicina forense e xenómica, mentres que o Premio Nacional de Investigación Blas Cabrera na área de Ciencias Físicas, dos Materiales e da Terra concedéuselle a Carmen Álvarez pola súa traxectoria investigadora no eido da ciencia dos materiais biomédicos.

Publicidade

Estes premios recoñecen o mérito daquelas persoas investigadoras españolas cunha destacada traxectoria científica, pero para a ministra, Diana Morant, “tamén poñen de manifesto a fortaleza do sistema público de ciencia, que impulsa o talento, fomenta a excelencia e sitúa España entre os países que lideran a investigación internacional”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto