CSIC

Descarga centos de ebooks gratis sobre ciencia, filosofía e historia co CSIC

O Consello Superior de Investigacións Científicas lanza o seu catálogo en liña que inclúe ducias de obras sobre Galicia

A morte anunciada das xoias megalíticas do Guidoiro Areoso

Investigadores traballan contra o reloxo para estudar os restos prehistóricos do illote de Arousa, afectado por unha erosión que se acelera

Chove en Atacama tras 500 anos e a auga extermina os microbios

Os científicos detectan que ata un 85% das bacterias autóctonas adaptadas á seca extrema non sobreviviron ás precipitacións

Os pensamentos íntimos das sepias

Un novo estudo relaciona o cerebro dos chocos cos cambios na súa coloración para camuflarse dos depredadores

Xa hai microplásticos no 94% dos golfiños en Galicia

Científicos do IEO, o CSIC e a CEMMA atopan no estómago destes animais unha contaminación que se estende pola cadea trófica

O barco que leva a ciencia aos confíns do mundo

O CSIC abre aos cidadáns as portas do buque de investigación en Vigo antes de que saia cara a Antártida o vindeiro día 12

Visitas guiadas ao buque Sarmiento de Gamboa en Vigo

O CSIC organiza "Ciencia no Porto", con acceso gratuíto a un dos oceanográficos punteiros na investigación mariña

O CSIC Galicia coordina un proxecto europeo de etiquetaxe de peixes

O programa SEATRACES reúne a investigadores de seis países e continúa o traballo do anterior proxecto Labelfish

Científicos logran o fito histórico de criar polbo de acuicultura

Pescanova proba con éxito a patente dun novo método con supervivencias de ata o 90% que pode revolucionar o mercado

Detectan que case o 30% do peixe nos restaurantes de Madrid está mal etiquetado

Un estudo do CSIC, que tomou mostras grazas a clientes anónimos, atopa erros a partir da análise do ADN dos produtos dos menús

Charla no mercado do Berbés sobre os usos sostibles das Illas Cíes

O director do IIM, Fran Saborido, e o investigador do CSIC Miguel Planas falarán este mércores sobre o equilibrio entre a conservación e o uso responsable

As 25 mutacións xenéticas que nos fan vivir máis anos

Investigadores cataláns identificaron os xenes que contribúen á lonxevidade humana en comparación con outras especies de primates

O cabaliño de mar nafrudo, máis preto da cría en catividade

A investigadora Claudia Ofelio presenta no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo unha tese que ofreceu resultados prometedores

O CSIC inicia en Galicia sete proxectos de excelencia

A Misión Biolóxica de Galicia, o Instituto Padre Sarmiento, o IIM e o Incipit desenvolverán nos vindeiros anos iniciativas financiadas con preto de 700.000 euros

Catro galegos, premiados na sétima edición de Inspiraciencia

O concurso, convocado polo CSIC coa colaboración da Fecyt, premia aos relatos científicos escrito nas catro linguas oficiais do Estado

Galicia entra no Antropoceno, unha nova era xeolóxica

Os resultados obtivéronse a partir das análises dos metais nos sedimentos de tres rías galegas: Ares, Betanzos e Cedeira