Descarga centos de ebooks gratis sobre ciencia, filosofía e historia co CSIC

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) é o maior organismo de investigación en España. E ao longo de case oito décadas de historia ten publicado milleiros de libros sobre materias científicas e sociais. Agora, o CSIC decidiu poñer centos deses libros en formato dixital para a súa descarga gratuíta a través da súa web.

Nesta sección do catálogo podémonos atopar libros de materias moi diversas: divulgación científica, literatura e crítica literaria, ciencias da vida, arqueoloxía e prehistoria, historia da ciencia ou filosofía e relixión.

Publicidade

Ao facer click en cada libro poderemos coñecer os seus autores, o ano de publicación, idioma no que está escrito, a materia, un breve resumo e a posibilidade de descargar o índice. Na parte inferior dereita atoparemos o arquivo coa obra en cuestión.

Como vantaxe engadida, non é preciso rexistrarse. Ademais é posible a busca por palabras clave. Sobre Galicia, por exemplo, hai un total de 32 libros dispoñibles.

Publicidade

Aquí podes acceder ao portal para descargar os libros do CSIC

3 COMENTÁRIOS

  1. Achegar e divulgar as letras e as ciencias ao individuo significa dignificar a sociedade e darlle mais oportunidades de mellorar e superarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy