Visitas guiadas ao buque Sarmiento de Gamboa en Vigo

A cidadanía de Vigo ten durante esta semana unha boa oportunidade para subir a bordo do Sarmiento de Gamboa, un dos buques oceanográficos punteiros do CSIC, e que ten precisamente a súa base de operacións no peirao vigués. Desde o martes 6, e ata o venres 9, toda persoa que poida e queira participar poderá subir ao barco de forma gratuíta, previa inscrición, nunhas visitas guiadas por persoal científico e técnico da entidade, ao abeiro da iniciativa “Ciencia no Porto”.

O obxectivo da iniciativa é achegar á sociedade a investigación mariña e sensibilizar sobre a importancia do coñecemento e o coidado do océano. Desde a súa primeira edición, en 2007, cando o Sarmiento de Gamboa fixo escala en Vigo, A Coruña e Celeiro, ademais doutros portos da península.

Publicidade

Para participar é preciso facer unha inscrición previa no enderezo de correo ucc.galicia@csic.es

As visitas organízanse para grupos de 20 persoas, de martes a venres. En horario de mañá (10-11.30 horas e 11.30-13 horas), será a quenda dos centros educativos de ensino secundario, medio e superior. Pola tarde será o turno do público xeral, en horario de 15 a 16.30 horas. O mércores 7 haberá unha visita con intérprete de lingua de signos para as persoas que o precisen.

Para participar é preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico ucc.galicia@csic.es, indicando nome e apelidos, ano de nacemento, correo electrónico, teléfono de contacto e data e horario solicitado para a visita.

Publicidade

A actividade está recomendada para maiores de 10 anos e menores de 75, por motivos de accesibilidade. Os participantes deberán estar 10 minutos antes da hora indicada na porta de acceso. Ademais, o CSIC contempla a posibilidade de que a actividade sexa cancelada ou modificada en función das necesidades operativas do buque.

O Sarmiento de Gamboa

É unha das catro embarcacións dedicadas á investigación científica nas que participa o CSIC, ademais do Hespérides (propiedade da Armada española), o García del Cid e o Mytilus. Todos eles prestan servizos a equipos científicos dos centros do CSIC e outras institucións nacionais e internacionais.

Polas súas dimensións, características e custes, tanto o Sarmiento de Gamboa como o Hespérides son consideradas Infraestruturas Cientificas e Tecnolóxicas Singulares (ICTS), un selecto grupo de instalacións grazas ás cales é posible desenvolver proxectos de vangarda na investigación. Grazas aos seus espazos, a súa natureza e ao seu equipamento, pódense desenvolver aquí proxectos que non son viables nun laboratorio convencional.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas