Xoves 28 Marzo 2024

Galicia prevé que en 2020 o 85% do consumo veña de enerxías renovables

Os problemas asociados ao consumo de combustibles fósiles e a contaminación que aceleran o cambio global obrigan a redobrar a aposta polas enerxías renovables. En Galicia, os recursos naturais asociados a estas fontes enerxéticas son unha oportunidade ao alcance da man. Así, a Xunta de Galicia traballa para dar cumprimento aos requerimentos da Unión Europea, ao tempo que se camiña cara a unha rexión máis sustentable, máis comprometida e respectuosa co medio ambiente e, tamén, con novas oportunidades económicas e de emprego. Tamén se contribúe, deste xeito, a que o tecido empresarial sexa máis competitivo e á creación de postos de traballo de alta cualificación.

Este ano, o Goberno galego aprobou as Directrices Enerxéticas 2018-2020 nas que o desenvolvemento das enerxías renovables na Comunidade é unha das prioridades. Así, o documento fíxase un investimento de 1.300 millóns de euros en enerxías limpas para a instalación de 1.200MW en toda a Comunidade, 1.000 deles para a produción de enerxía eléctrica a través das enerxías eólica, hidráulica e fotovoltaica, e 200MW de potencia térmica a partir de biomasa, pero tamén de solar térmica, xeotermia e aerotermia.

Publicidade

No Horizonte 2020 a meta é que ao redor do 85% do consumo eléctrico e o 34% de calefacción e refrixeración proveñan de fontes renovables e que a biomasa represente o 35% do consumo de combustibles de uso térmico.

Xeotermia no EcoBarrio de Ourense

Outra das liñas fundamentais é a aposta pola eficiencia enerxética. Neste sentido, preténdese diminuír o consumo enerxético, o que conlevará un aforro económico estimado de 150 millóns de euros ao ano con medidas como os plans de aforro na Administración autonómica, as liñas de aforro enerxético ou o desenvolvemento do proxecto do EcoBarrio de Ourense.

Neste sentido, a súa implantación é o exemplo da aposta que o Goberno galego está a facer tanto no terreo da eficiencia enerxética como no impulso ás enerxías renovables autóctonas.

Así, agárdase que coa posta en marcha do primeiro EcoBarrio na Comunidade, Galicia pase a ser un referente en xeotermia, xa que un dos principais obxectivos será establecer na zona a primeira rede de xeotermia de Europa cunha lonxitude de cinco quilómetros.

A rede de xeotermia de Ourense podería ter unha lonxitude de cinco quilómetros

Esta fonte de enerxía utilizarase para abastecer de calefacción e auga quente a medio centenar de edificios do contorno. En concreto trátase de 18 edificios públicos entre os que se atopan sete centros educativos. Tamén se incluirán edificios de servizos básicos. Ademais, está previsto que esta rede de xeotermia tamén beneficie a edificios residenciais das zonas de Covadonga e do Vinteún.

O proxecto tamén contempla a posta a punto de fachadas e envolventes térmicas; a substitución da iluminación actual por tecnoloxía Led, tanto nos edificios como nas rúas; o fomento da mobilidade sustentable; e a posta en marcha da Oficina do EcoBarrio, para informar ás comunidades de veciños e ás asociacións sobre as axudas e actuacións en materia de eficiencia enerxética incluídas neste proxecto.

A iniciativa prevé mellorar a eficiencia enerxética un 20%, que o 20% da enerxía consumida proveña de fontes renovables e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro un 30%.

O proxecto, que se realizará cun investimento de 20 millóns de euros e posibilitará a creación de 300 postos de traballo, enmárcase dentro das Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como captar enerxía das ondas do mar e sobrevivir no intento

A enerxía que se extrae das ondas é unha das grandes apostas con respecto á investigación de enerxías renovables en Galicia, mais os dispositivos utilizados deben superar varias dificultades

Sete accións que poderían salvar mil millóns de vidas de aquí a 2100

Segundo un estudo recente, é probable que mil millóns de persoas morran de maneira prematura a finais de século a causa do cambio climático

Eficiencia enerxética: a diana dos novos fogares

A Xunta triplica o orzamento destinado á rehabilitación en edificios de tipo residencial, co que prevé intervir sobre 6.800 vivendas

A Xunta preme o botón das declaracións ambientais: 60 eólicos despachados nunha semana

A Consellería de Medio Ambiente publica 11 informes no último día de prazo e deixa fóra outros 20 por falta de tempo