O científico José Luís Mascareñas, premio da Crítica de Galicia

A XLI edición dos Premios da Crítica de Galicia entregou o pasado sábado os seus galardóns en Vigo. A iniciativa, que desde 1978 recoñece a excelencia e a relevancia dos traballos individuais e colectivos na creación cultural e científica en Galicia, entregou na súa modalidade de Investigación o recoñecemento a José Luis Mascareñas, director do CiQUS de Santiago e un dos científicos de referencia en Galicia no eido da Química.

O xurado subliñou que Mascareñas “ten unha exitosa traxectoria investigadora no ámbito da Química, que se aplica a outras áreas de coñecemento como a Bioloxía e a Biomedicina. Destaca tamén que é o único investigador en Galicia que, traballando dende o país, conseguiu un Advanced Grant do ERC, o que supón a atracción de fondos europeos para fomentar a investigación en Galicia”.

Publicidade

O ditame decidiuse por consenso por parte do xurado formado por Clara V. Álvarez, profesora de Fisioloxía na Facultade de Medicina da USC e directora do Grupo de Investigación sobre Neoplasias e Diferenciación Endocrina no CIMUS; Ángel Manuel Sánchez Bermúdez, catedrático de Enxeñería Química da UVigo; Felipe Criado-Boado, profesor de investigación do CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT); Nieves Lagares, profesora da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC; Rubén Lois González, catedrático da facultade de Xeografía e Historia da USC e vicepresidente da Unión Xeográfica Internacional; Victoria Otero Espinar, matemática e Vicerreitora de  Titulacións da USC e Malores Villanueva, secretaría, en representación da APCG.

Mascareñas sucede no galardón a Marcos Pérez Pena, doutor en Comunicación e xornalista de Praza Pública, polo seu traballo A prensa en Galicia na Transición de Marcos Pérez Pena. No eido de Iniciativas Culturais e Científicas, no que foi premiada a xornalista Ana Romaní, o portal GCiencia estivo entre os finalistas. Nesta modalidade foi premiado o ano pasado o Programa Conciencia, que dirixe o catedrático da USC Jorge Mira.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía