José Carlos Otero presenta o libro “La vida secreta de los insectos”

O profesor do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da USC José Carlos Otero González presenta este martes 6 o seu libro La vida secreta de los insectos. O acto será ás 18.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía en el estará acompañado polo decano da Facultade de Bioloxía, Antonio Segura, e polo director da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con da USC e prologuista do volumen, Fernando Cobo. 

Os dous grupos de organismos máis poderosos do planeta son os seres humanos e os artrópodos; os segundos cunha antigüidade sobre o Planeta de 450 millóns de anos antes ca nós. Para o autor, o importante é coñecer a importancia relativa que xoga cada grupo na biosfera. Na actualidade, os insectos convertéronse nos “señores do mundo”, motor de todos os ecosistemas de plantas con flores, que nos subministran o 90% da nosa alimentación.

Publicidade

Este grupo de animais presenta unha alta diversidade de hábitos tróficos, puidendo ser fitófagos, saprófagos, descomponedores, depredadores ou parasitoides, o que lles fai ser os principais responsables da reciclaxe de máis do 20% da biomasa vexetal terrestre.

O libro mostra así a importancia dos insectos para a biodiversidade, esencial para a súa conservación e supervivencia.

Publicidade

José Carlos Otero González é doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa actividade docente e investigadora no Departamento de Zooloxía da Facultade de Bioloxía, do que foi director e decano. Na actualidade é subdirector da Estación de Hidrobioloxía de Encoro do Con (Vilagarcía) da USC. Ten publicados varios libros e numerosos artigos científicos dalgunhas familias de coleópteros sobre taxonomía, sistemática, biodiversidade e zooxeografía das rexións paleárctica, afrotropical, oriental e neotropical.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes