Detectan que case o 30% do peixe nos restaurantes de Madrid está mal etiquetado

Investigadores do Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC) detectaron unha elevada porcentaxe de erros na denominación do peixe que se ofrece nun bo número de restaurantes de Madrid. E acaban de publicar os resultados do seu traballo na revista Food Control.

Para levar a cabo este estudo, clientes anónimos que aceptaron participar na investigación tomaron 77 mostras de peixe en distintos restaurantes localizados en 9 distritos de Madrid. Unha vez recibidas, os científicos identificaron a especie á que pertencían mediante a análise de ADN e cruzaron os resultados cos do menú, seguindo a nomenclatura oficial elaborada polo Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Publicidade

A mala etiquetaxe pode darse durante a captura, na lonxa, no procesado, nos mercados ou nos restaurantes

Os resultados revelaron que o 28,12% das mostras vendéronse baixo un nome incorrecto no 37,5% dos restaurantes. A mala etiquetaxe, ao que son máis proclives algunhas especies, pode darse no momento da captura, na lonxa, durante o procesado, nos mercados ou nos restaurantes. “A porcentaxe de etiquetaxes erróneas podería ser maior nos restaurantes que nos supermercados ou lonxas, pero existen poucos datos de momento. É necesario aumentar as análises para confirmar estas suposicións”, explica o investigador do MNCN José Luis Hórreo.

“A alta proporción de erros que detectamos suxire que sería necesario un control máis efectivo para evitar a fraude“, continúa. Este tipo de estudos pode ser moi importante para detectar a orixe destes fallos e actuar contra comportamentos pouco éticos na venda e distribución de peixe. “Non atopamos unha relación significativa entre os erros de etiquetaxe e o nivel socioeconómico dos distritos estudados, sendo a mala etiquetaxe unha práctica común e amplamente estendida na cidade” aclara Hórreo. A pesar de que o número de mostras é relativamente reducido, o estudo é un claro indicador da realidade do problema.

Publicidade

Vender unhas especies en lugar doutras pode traer consigo un risco para a saúde do consumidor e supoñer unha ameaza para a conservación de especies en perigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

Radiografía do lume

Os incendios da Comunidade de Madrid e da provincia de Álava foron emerxencia nacional, e isto é o que aprendimos dos lumes de agosto de 2025 en Galicia. Por Andrea Veiga

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé