Adega celebra esta fin de semana a 7ª limpeza simultánea de praias

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) organiza para esta fin de semana a sétima edición da limpeza simultánea de praias. Unha actividade aberta a centros de ensino e diversas entidades (en total participarán máis de 20), que ten por obxectivo, alén de recoller o lixo que se atope nas praias, facer unha chamada de atención sobre o problema crecente dos residuos mariños.

“A insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación están detrás deste importante problema ambiental. Cada ano, 10 millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos, lixo que provén da industria do mar (pesca, extraccións…), mais unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión dos residuos en terra”, explican desde Adega.

Publicidade

Máis dun millón de aves e 100.000 mamíferos morren cada ano por mor dos residuos mariños

Así, os vertidos ao mar provocan serios danos nos ecosistemas mariños. Estímase que máis dun millón de aves e 100.000 mamíferos morren cada ano enredados nestes residuos ou por inxesa deles. Outro dos problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a que diminúen a pesca comercial e degradan lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ademais de supoñer un enorme gasto de limpezas de praias.

Con esta actuación, Adega busca concienciar a cidadanía da importancia dunha axeitada xestión dos residuos e do consumo. A sensibilización do voluntariado é chave para a realización destas xornadas podendo observar de primeira man a cantidade de lixo a agochan a nosas praias. Por tanto, fan un chamamento a todas as entidades, centros de ensino, concellos e persoas a título particular para que participen do obxectivo desta xornada e poder desfrutar de praias saudábeis.

Publicidade

Máis información:

Contacto: 698139913 ou itziar@adega.gal.

– (PDF) Protocolo de limpeza de praias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como detectar contaminantes na auga a través de materiais 3D: así é a solución da UDC

Investigadoras do CITENI desenvolven estruturas poliméricas que reteñen substancias nocivas e avalian a calidade do medio acuático

Unha aplicación da UVigo permite detectar contaminantes na auga a través do móbil

O proxecto Aquasense emprega dispositivos portátiles de baixo custo para facilitar a vixilancia ambiental en contornas con poucos recursos

Candeas e incenso, cando o suposto “benestar” contamina a casa

Desde o punto de vista da química atmosférica, ambos os xestos implican algo moito menos idílico: introducir unha fonte de combustión dentro do fogar

Case a metade dos cetáceos de augas profundas inxiren macrolixo no noroeste ibérico

A CEMMA participa nun estudo que documenta que aproximadamente o 30% dos exemplares acaba falecendo a causa de lesións dixestivas