Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

O 2 de setembro, os transatlánticos Star Legend, Iona e Liberty of the Seas atracaron na Estación Marítima de Vigo con 14.000 turistas a bordo que enchen o centro da cidade. As previsións apuntan a que, este ano, no porto de Vigo se superarán as 125 escalas e os 306.000 pasaxeiros, desbordando o dato récord do último ano de 250.000 pasaxeiros e arredor de 100 escalas. A Plataforma fronte á masificación turística Vigo – O Morrazo, composta por unha veintena de organizacións sociais, ecoloxistas, veciñais e sindicais, denuncia que a contaminación que carrexan tres megacruceiros é igual a que Vigo sexa invadido por 18 millóns de coches.

Trátase dun turismo de altas emisións contaminantes (SOx, NOx e partículas ultrafinas) e unha actividade extractivista polo uso intensivo de recursos naturais como a auga e unha explotación industrial que causa enormes impactos sobre as poboacións destinatarias, así como aos ecosistemas litorais e mariño, con frecuentes alcances a cetáceos. Igualmente, sinalan que o desembarco de 10.000 persoas no centro da cidade supón o colapso de rúas e prazas, a dificultade para que a veciñanza se mova por estas zonas, e o reducido e concentrado impacto económico que ten, principalmente en determinados locais de hostalería e tendas de souvenirs

Publicidade

Á situación súmase que o peirao de trasantlánticos atópase nunha área que, está previsto, sexa incluída nunha Zona de Baixas Emisións en cumprimento da Lei de Cambio Climático, polo que esta actividade altamente emisora é incompatible con esta declaración. Así, sería unha zona de control de emisións tanto de óxidos de xofre, de nitróxeno e partículas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos

Como detectar contaminantes na auga a través de materiais 3D: así é a solución da UDC

Investigadoras do CITENI desenvolven estruturas poliméricas que reteñen substancias nocivas e avalian a calidade do medio acuático