Cales son as principais ameazas para a saúde global? Estes son os 17 retos para o século XXI

O Comité da prestixiosa revista médica ‘The Lancet’ identifica os riscos que poderían comprometer a supervivencia das vindeiras xeracións ata 2100

A Comisión Lancet —grupo de expertos internacionais que analiza problemas de saúde global—, vinculada á prestixiosa revista médica The Lancet, identifica 17 ameazas interconectadas que poderían comprometer a supervivencia das vindeiras xeracións ata o ano 2100, é dicir, nos próximos 70 anos. Entre os riscos máis críticos destacan a contaminación do aire, a resistencia antimicrobiana e a desnutrición infantil, sumados a factores externos como guerras nucleares e un uso malicioso da intelixencia artificial para desenvolver armas biolóxicas. Este informe mide o impacto combinando as mortes e as métricas en DALYs (Anos de vida axustados por discapacidade), integrando tanto anos de vida por morte prematura como anos vividos con discapacidade, creando modelos de previsión.

Os expertos argumentan que as recentes perturbacións globais, tales como a covid, o virus do ébola, o importante conflito xeopolítico, os impactos climáticos acelerados ou a aparición da IA, amosan “a rapidez pola que poden revertirse as suposicións sobre a estabilidade”, sinalan no artigo. Así, explican que a carga non será igual para todos: a desigualdade económica e o acceso limitado a recursos supoñen riscos para as poboacións máis vulnerables. En consecuencia, a obesidade, a mala saúde mental e o envellecemento non saudable ameazan o benestar de millóns de persoas.

Publicidade

Cambio climático, resistencia antimicrobiana e desnutrición

A exposición a partículas finas penetra nos pulmóns e pode entrar no torrente sanguíneo, provocando unha inflamación sistémica, danos nos órganos e múltiples enfermidades, motivo polo cal a contaminación do aire atópase como unha das principais ameazas sanitarias do século XXI. Este factor está relacionado co cambio climático, que o estudo integra vías climáticas directas —como temperaturas extremas ou inundacións— e indirectas —contaminación por partículas PM 2,5, fume de indencios forestais ou enfermidades transmitidas por vectores, como a malaria ou o dengue—.

A resistencia antimicrobiana tamén se considera unha ameaza transversal que afecta a grupos de enfermidades como as infeccións respiratorias, a tuberculose, enfermidades cardiovasculares, cancro, trastornos maternos, dixestivos, diabetes ou enfermidades renais, entre outros.

Publicidade

Para coñecer os datos de desnutrición infantil empréganse tres indicadores clave no fallo do crecemento en menores de 5 anos, dende o atraso do crecemento, a delgadez extrema e o baixo peso. Con todo, este informe vincula directamente a prevalencia co consumo per cápita do fogar e con variables climáticas, o que evidencia a relación entre as diferentes ameazas.

Que facer?

A Comisión Lancet sinala que estas ameazas non son inevitables, senón que dependen de decisións políticas, investimento e as accións preventivas. Por iso, chaman a fortalecer os sistemas de saúde, innovar e mellorar a vixilancia de ameazas emerxentes en cooperación cos sectores sanitario, ambiental, económico e de seguridade, a fin de cambiar a orientación do futuro da saúde mundial.

As 17 ameazas para a saúde mundial

—Contaminación do aire

—Resistencia antimicrobiana

—Desnutrición infantil

—Cambio climático (temperaturas extremas, inundacións, tempestades, incendios, etc.)

—Colapso da asistencia médica

—Conflito convencional

—Alto consumo de alcol

—Alta presión arterial

—Desigualdade de ingresos

—Baixo nivel educativo

—Uso malicioso da IA

—Conflito nuclear

—Obesidade

—Pandemias

—Mala saúde mental

—Tabaquismo

—Envellecemento non saudable


Referencia: The Lancet Commission on 21st century global threats to health (Publicado en The Lancet Commissions)

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos