Charla no mercado do Berbés sobre os usos sostibles das Illas Cíes

O mercado do Berbés de Vigo acolle este mércores unha nova sesión do ciclo de charlas de divulgación científica que impulsa a candidatura das Illas Cíes ao Patrimonio da Humanidade da Unesco.

Desde as 20.30 horas, e baixo o título “Usos sostibles nas Illas Cíes“, dous expertos abordarán a necesidade de analizar o equilibrio entre un uso responsable e a conservación da riqueza ecolóxica do arquipélago.

Publicidade

Así, o director do Instituto de Investigacións Mariña (CSIC), Fran Saborido, e o xefe do grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peixes do propio CSIC, Miguel Planas, expoñerán algunhas das ideas chave para garantir a boa conservación do arquipélago.

A entrada ao evento, aberto e adaptado a todos os públicos, é libre e gratuíta.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Beatriz Novoa: “Foi un exemplo de tenacidade e esforzo”

A actual directora do IIM, Beatriz Novoa, lembra a Científica Galega do Ano e analiza os retos que ten por diante o instituto no seu 75 aniversario

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Que historia ocultan as rochas? Unha nova páxina web galega ten a resposta

A iniciativa Xeogalicia ofrece artigos, mapas, guías e recursos educativos para achegar a xeoloxía de Galicia a todos os públicos