Setembro de récord: nunca choveu tan pouco en Santiago

O pasado mes de setembro tan só se recolleron na cidade de Santiago un total de 1,3 litros/m2. Foi, por tanto, o setembro máis seco desde que hai rexistros no Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. O seu director, José Ángel Docobo, sinala que as únicas precipitacións do pasado mes rexistráronse na noite do día 2 ao 3 (0,4 litros) e do 17 ao 18 (0,9). Igualmente, o día 21 houbo unha precipitación inapreciable (menos de 0,1 litros/m2) durante a mañá.

Só choveu nas noites do 2 ao 3 de setembro e do 17 ao 18

Como engade o profesor Docobo, dende que o Observatorio da USC posúe rexistros meteorolóxicos (ano 1948), “nunca antes tivera lugar unha situación semellante, aínda que efectivamente houbo meses de setembro moi secos na área de Compostela”. Entre estes últimos, o investigador sinala 1989 (7,1 l), 1997 (10,1), 1985 (11,4) e 1988 (11,8).

Publicidade

No lado oposto sitúase o mes de setembro de 1999 cando en 16 días se mediron 301,7 l/m2 ou 1998 con 220,3 l/m2 en vinte xornadas. En total, dado que en Santiago non se rexistraron nin frontes activos de choiva nin treboadas, “dende o pasado 8 de agosto tan só se levan colectados 4,2 l/m2”.

No capítulo das temperaturas, Docobo sinala que se ben foron altas, cunha máxima de 34,3° o día 1, xunto cunha media das máximas do mes de 26,8°, “non se chegaron a superar as marcas dos anos 2006 e 1988”. O 5 de setembro de 2006 o termómetro chegou a marcar en Santiago 38,4° e 0 6 de setembro de 1988, 37,5°. En ambos os dous casos, estas temperaturas foron nos seus respectivos anos máximas anuais.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

Do 100% ao 36% nun trienio: a “preocupante” evolución da seca nos encoros galegos

A serie histórica de Eiras vai en liña coa situación de Cecebre, que marca o seu mínimo dos últimos 15 anos tras reducir case á metade as súas reservas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez