O investigador e divulgador Jorge Mira.

O investigador e divulgador Jorge Mira.

O galego Jorge Mira, na comisión de expertos do Goberno sobre o cambio de hora

O catedrático da USC formará parte do equipo que avaliará varios factores a ter en conta para a posible reforma horaria

O catedrático de Electromagnetismo da USC, Jorge Mira, será un dos membros da comisión de persoas expertas que o Ministerio de Presidencia do Goberno de España acaba de crear para avaliar o posible cambio horario. O proxecto xorde despois do debate aberto coa enquisa da Unión Europea e as declaracións dos gobernantes comunitarios, que abrían a porta a un posible fin ao cambio de hora que se fai dúas veces ao ano.

O obxectivo desta comisión, integrada por 13 persoas (9 mulleres e 4 homes) é a “presentación de propostas orientadas á protección e mellora da saúde, especialmente dos grupos de poboación máis vulnerables, así como a potenciar a sustentabilidade social, ambiental e económica, e a favorecer o principio de igualdade entre homes e mulleres”, segundo informou o goberno nun comunicado.

A comisión avaliará o impacto enerxético, económico e na saúde das persoas da posible reforma

Así, a comisión, cuxa creación foi aprobada o pasado 6 de setembro por parte do Consello de Ministros, avaliará da forma máis ampla posible, os custes e beneficios de cada medida. No referente aos custes, abordarase a incidencia na eficiencia enerxética e económica das distintas actividades produtivas; mentres que nos beneficios analizarase especialmente os impactos na saúde das persoas e a igualdade de xénero.

Os expertos da comisión poderán solicitar a colaboración dos distintos departamentos ministeriais, así como de outras administracións territoriais. Además poderá pedirse a opinión ou colaboración doutros organismos, organización ou persoas con experiencia ou coñecementos na materia.

Neste senso, Jorge Mira acumula longa experiencia na análise do fuso horario. Ademais da publicación de varios artigos científicos sobre o tema, coordinou un relatorio impulsado polo Consello da Cultura Galega no que se aborda o asunto. 

Os outros membros do panel de expertos son María Ángeles Durán (doutora en Ciencias Políticas e catedrática de Socioloxía da UAM), Melida Constanza Tobio Soler (catedrática de Socioloxía da Universidad Carlos III), Ana María Rubio Castro, catedrática de Filosofía do Dereito da Universidad de Granada, Aitor Domínguez Martínez (Enxeñeiro e Responsable de Proxectos da Dirección de Certificación Enerxética), María de los Ángeles Rol de Lama (profesora titular do Departamento de Fisioloxía de la Universidad de Murcia), Álvaro Gómez Méndez (Enxeñeiro industriale Director do Observatorio Nacional de Seguridade Viaria), Cristina Santamarina Vaccari (doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía e socia fundadora de CIMOP, Instituto de Investigación de Mercados y Opinión), José Luis Casero (Licenciado en Dereito e presidente da Asociación e Comisión Nacional para la Racionalización de los Horarios Españoles), Paloma de Villota Gil Escoín (profesora titular de Economía Aplicada na UCM e coordinadora da cátedra de Xénero da mesma universidade), María Inés Mínguez Tudela (Catedrática de Produción Agraria da UPM), Teresa Moreno Casbas (enfermeira da Unidade de Investigación en coidados de Saúde do ISCIII) e Beatriz Muñoz González (profesora da Universidad de Extremadura).

Unha resposta a “O galego Jorge Mira, na comisión de expertos do Goberno sobre o cambio de hora”

  1. Pepe da tomada

    Con este na comisión xa nos podemos ir esquecendo de recuperar o noso horario natural. A cuestión do fuso horario non só ten que ver con motivos matemáticos, é tamén unha cuestión sociolóxica que implicaría unha mudanza por completo dos nosos hábitos e horarios laborais, unha mudanza que é completamente precisa para que poidamos dispor de maior tempo de lecer e dunha vida mais organizada. Moi triste que un matemático non saiba albiscar mais aló dos números.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.