Catro galegos, premiados na sétima edición de Inspiraciencia

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) entregou esta fin de semana no Museo Casa de la Ciencia de Sevilla os premios da sétima edición de Inspiraciencia, o concurso de relatos de inspiración científica que organiza xunto á Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) e outras entidades.

Como todos os anos, o organismo entrega os galardóns aos relatos participantes en cada unha das linguas oficiais do Estado. Tamén se concedeu unha mención a dous finalistas por idioma e, como novidade deste ano, dous accésit Feynman, para conmemorar o centenario do nacemento do famoso físico e divulgador. Por outra banda, Inspiraciencia tamén entregou o premio do público nas categorías adulto e xuvenil, que se votaron a través de internet.

Publicidade

Estes foron os gañadores do certame en galego:

– Primeiro premio adulto: Por un puñado de SNPs, de Adrián Casanova Chiclana, de Monforte de Lemos.

Publicidade

– Finalista adulto: Vida, de Javier García Bello, de Sada.

– Primeiro premio xuvenil: Sempre no meu corazón, Ada, de Julia Nieto Mantiñán, de Betanzos.

– Finalista xuvenil: Información, de Rodrigo Justo Fernández, de Verín.

No xurado para a lingua galega participaron Gonzalo Hermo, poeta e profesor asociado de galego na universidade Autónoma de Barcelona, Alba Losada Cuquejo, lectora de galego na mesma universidade, e Pura Salceda, representante da Asociación de Escritores en Lingua Galega, escritora e tradutora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Ciencia sen mans

Sen financiamento suficiente para persoas, equipamento e planificación a longo prazo, a excelencia científica convértese nun obxectivo difícil de acadar. Por Xunta de representantes de InvestiGal