As 25 mutacións xenéticas que nos fan vivir máis anos

A historia da evolución humana, como a do resto de especies do planeta, construíuse a partir de mutacións que melloraron a nosa capacidade de adaptación ao entorno e as posibilidades de supervivencia. E co avance da medicina, a mellora das condicións de hixiene e o progreso tecnolóxico, a humanidade conseguiu duplicar, no último século, a súa esperanza de vida.

Alén disto, houbo un momento no que o xenoma dos homínidos experimentou arredor de 25 mutacións xenéticas que fixeron posible unha lonxevidade maior para a nosa especie. Así o explican, nun traballo publicado na revista Molecular Biology and Evolution, un equipo de científicos do Institut de Biologia Evolutiva (UPF-CSIC), o Centre de Regulació Genòmica (CRG), e as universidades de Bristol e Liverpool, liderados polo científico catalán Arcadi Navarro.

Publicidade

Para isto, os investigadores procuraron as mutacións que aconteceron nas diversas especies de primates e relacionáronas coa esperanza de vida de cada unha delas, incluído o Homo sapiens. Entre outros achados, atoparon, por exemplo, que nós temos mutacións que favorecen a capacidade de curación e coagulación de feridas ou problemas cardiovasculares, entre outros aspectos, que favoreceron a nosa lonxevidade.

O equipo adianta que non ten resposta para comprender como se produciron estas mutacións no noso ADN para conseguir vivir máis tempo. En declaracións a La Vanguardia, Arcadi Navarro explicaba que “quizais tivo que ver co feito de que comezamos a ser bastante dominantes co noso entorno; a nosa especie comezou a organizarse en grupos grandes nos que os individuos se protexían uns aos outros e se axudaban en momentos de escaseza. Así, os organismos que antes morrían aos 20 anos, duraban ata os 40″.

Publicidade

Mutacións boas na xuventude, pero malas na vellez

Porén, as 25 mutacións atopadas non son de todo inocuas. Os científicos atoparon que, do mesmo xeito que estes cambios no ADN son bos na xuventude, provocan máis dano na vellez. Navarro explica que, por exemplo, unha mutación que fai acumular máis calcio nas primeiras etapas da vida e fortalecer así os ósos, tradúcese na terceira idade en problemas como a arterioesclerose.

Os achados, segundo os autores do artigo, poderían axudar a desenvolver novas dianas terapéuticas para tratar doenzas relacionadas co envellecemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

Un científico galego revela que os virus máis agresivos actúan como ‘aceleradores’ do envellecemento

O equipo no que traballa Rubén González no Instituto Pasteur de París realizou un experimento en moscas da froita e demostrou que a idade biolóxica dos insectos permaneceu elevada pese á eliminación do patóxeno