O galego Pedro Vieites, na Olimpiada Iberoamericana de Bioloxía

O mozo Pedro Vieites Pérez, do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, será un dos representantes de España na Olimpiada Iberoamericana de Bioloxía que este domingo 9 comeza en Loja (Ecuador) e que se desenvolverá ata o vindeiro día 15. Xunto a Pedro, que obtivo o segundo premio na fase española da Olimpiada celebrada en abril en Badaxoz, participarán Eduardo Martínez Marín (Madrid), Iker Puerto San Román (Andalucía) e Laura Hidalgo Pérez (Castilla y León).

A delegación española poderá participar finalmente no evento, despois de verse obrigada a abrir unha campaña de financiamento para sufragar os gastos da viaxe, ante a falta de apoio institucional. Porén, pouco despois de esta acción, segundo indicou Antonio Jimeno, membro da xunta directiva da Olimpiada Española de Bioloxía (OEB), a entidade recibiu o apoio económico de diferentes entidades, como as consellerías de Educación de Galicia, Andalucía e Madrid, varios colexios autonómicos de Biólogos e outras entidades.

Publicidade

Nunha situación semellante estivo a delegación española da Olimpiada Internacional de Matemáticas, na que o galego Santiago Vázquez obtivo unha medalla de bronce, que tivo que recorrer á axuda privada para poder viaxar ao certame.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Academia de Ciencias premia o IES Rosalía de Castro de Santiago polo seu labor divulgativo

A RAGC valora o proxecto educativo do instituto no fomento da cultura científica e tecnolóxica e outorga o galardón por unanimidade 

Cae o célebre arco de Darwin, nas illas Galápagos

O Arco de Darwin, unha célebre estrutura labrada pola erosión na...

Estes días o sol cae máis vertical en Galicia ca no Ecuador, e estas son as razóns

A proximidade do solsticio de verán provoca que o astro proxecte menos sombra en Santiago de Compostela ca en Nairobi ou Quito

Investigadores da UVigo descobren unha nova especie de libélula

O profesor Adolfo Cordero é un dos autores do artigo que describe á ‘Philogenia gaiae’, atopada na estación de bioversidade ecuatoriana de Tiputini