Cae o célebre arco de Darwin, nas illas Galápagos

O Arco de Darwin, unha célebre estrutura labrada pola erosión na illa que leva o nome do explorador británico, colapsou nos últimos días por mor do mesmo fenómeno que a fixo posible. Este enclave, na illa máis setentrional do arquipélago das Galápagos, no Océano Pacífico e a máis 1.000 quilómetros da costa suramericana, foi moi relevante nos estudos do naturalista Charles Darwin. A bordo do Beagle, o explorador británico atopou nestas illas, que hoxe pertencen ao Ecuador, algunhas das claves para formular os seus postulados sobre a evolución das especies, que mudaron a historia das ciencias da vida. Hoxe as Galápagos no seu conxunto son Patrimonio da Humanidade.

https://twitter.com/Ambiente_Ec/status/1394397390384341004

Publicidade

O acontecemento foi presenciado en directo sobre as 11.20 da mañá, hora local, por un grupo de turistas guiados pola empresa Aggressor Adventures. “Un acontecemento único na vida”, expoñía a axencia nas súas redes.

 

A illa próxima a onde se atopaba o arco de Darwin está vedada ao acceso por terra, e só é visitada por mergulladores que acoden á zona para observar a gran biodiversidade mariña. Aqí conflúen tiburóns martelo, xurelos, golfiños, tartarugas e outras aves, moitas delas especies endémicas.

Publicidade

O arco de Darwin lembraba, pola súa forma, a algúns dos arcos da praia de Augas Santas de Ribadeo, tamén coñecida como As Catedrais, e que nos últimos anos tamén está a experimentar un proceso erosivo que xa destruíu algunhas das súas formacións rochosas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que os peixes non teñen pelo?

Os peixes non teñen pelo porque evolucionaron na agua, onde as escamas e a pel lisa son máis útiles para moverse e sobrevivir. Por Antonio Figueras

O que os dentes nos ensinan sobre a evolución da vida acuática

Un percorrido pola sorprendente diversidade de estruturas orais que impulsaron adaptacións únicas nos animais acuáticos

Por que as mulleres viven máis que os homes: un enigma con raíces evolutivas

Un estudo internacional revela que a diferenza na esperanza de vida entre sexos está marcada pola selección sexual, o coidado parental e a xenética

A pataca xurdiu a partir dun devanceiro do tomate fai 9 millóns de anos

Un novo estudo descubre que un evento evolutivo pouco común está detrás da enigmática orixe da pataca a través da hibridación natural